Publicidade
X Pechar
Por fin chegou a gran semana. Arrinca a liga de Primeira RFEF e con festa irmandiña. O Pescados Rubén Burela FS desprazarase na primeira xornada a terras herculinas para medirse ao recentemente ascendido Viaxes Amarelle FSF (sábado 29, 18.00, Sagrada Familia). “O ano pasado non se esperaba que estivésemos ata o último partido pelexando pola primeira praza, a tan só 1 punto, e esta tempada está claro, que coas fichaxes de calidade que se incorporan, estamos decididas a pelexar polo título. Esperamos que a liga volva estar igual ou máis emocionante, o resto dos equipos tamén se reforzou e así quen gaña sempre é o fútbol sala feminino”, explicaba a 3 laranxa, Daniela Domingos, xunto ao presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego. Na súa quinta tempada de mariñá, Dany vese na pugna polo título xunto a Roldán, UA Alicante e Atlético de Madrid, “ademais non se poden descartar sorpresas”, explicaba a pivote brasileira, sempre cun grao máximo de autoesixencia: “Espero axudar na adaptación das incorporacións e de todo o grupo e intentarei buscar goles que se convertan en vitorias e por que non chegar ao título”. O Pescados Rubén e Dany pecharon a pretempada o venres na presentación do Poio Pescamar FSF, con resultado a favor 1-3. “Despedimos a pretempada cunha gran vitoria, fixemos o traballo que nos pediron Julio e Lucas pero tamén sabemos que temos cousiñas que mellorar. Foi un partido equilibrado, de gran intensidade, de moitas finalizacións e boas aparicións das porteiras” explicaba a autora do 1-2, xunto ao dobrete de Peque na cita. “foi unha pretemporada rara. Houbo xogadoras con compromisos coas Seleccións Nacionais, como Jenny e Peque, tivemos pequenas lesións que interferiron un pouco no traballo completo, pero as ganas están intactas. Con Amarelle será un partido complicado porque será un derbi ante un equipo ascendido, que nos pode sorprender, aínda que estamos traballando para que iso non ocorra e que o labor diario dos nosos adestradores faga xustiza o día do partido”, concluía coa súa habitual forza e coraxe Dany.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 3ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 2 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 2
ElPozo Ciudad de Murcia
1 victorias | 1 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 4
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
29 de setembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 22/09/2018
Bisontes Castellón 4 0 Dimurol S. Tenerife
Itea Córdoba 4 3 Santiago Futsal
Gran Canaria FS 2 3 Manzanares FS
Noia Portus Apostoli 2 3 Soliss FS Talavera
FC Barcelona B 2 3 Rivas Futsal
Axa Ita Port Elche CF 4 0 Colo Colo Zaragoza
Software DELSOL Mengíbar 1 1 Pescados Rubén-Burela FS
ElPozo Ciudad de Murcia 2 2 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Soliss FS Talavera6
2Bisontes Castellón6
3Rivas Futsal6
4ElPozo Ciudad de Murcia 4
5Manzanares FS4
6Real Betis Futsal4
7Axa Ita Port Elche CF3
8Colo Colo Zaragoza3
9Itea Córdoba3
10Pescados Rubén-Burela FS2
11Gran Canaria FS1
12FC Barcelona B 1
13Software DELSOL Mengíbar1
14Santiago Futsal0
15Noia Portus Apostoli0
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Juanfran
GolesXogador
1Juanfran
1Matamoros
1Pope
1Renato
Próximo partido
Partido pertencente á 1ª xornada
Viaxes Amarelle F.S.
0 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 0
Pescados Rubén-Burela FS
0 victorias | 0 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 0
Cancha de xogo:
-
Data:
29 de setembro de 2018
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1AD Alcorcón FSF0
2AD Sala Zaragoza0
3CD Futsi Atlético Féminas0
4Femisport Palau Club0
5Guadalcacín0
6Jimbee Roldán FSF0
7Leganés Masdeporte0
8Majadahonda FSF/Afar 40
9Móstoles FSF0
10Ourense Envialia0
11Penya Espluges Gironella FS0
12Pescados Rubén-Burela FS0
13Pescamar Poio FS0
14UCAM Murcia0
15Universidad de Alicante0
16Viaxes Amarelle F.S.0
Goleadora
Agardando candidatas
Patrocinadores