Publicidade
X Pechar
As Guerreiras Laranxas cumpriron e volverán a protagonizar o duelo de titáns con Futsi Navalcarnero mañá (17.00 horas). Estarán na final do I Copa de SM A Raíña, arroupadas polo mausoleo burelista, tras saír vitoriosas no derbi irmandiño fronte a Ourense Envialia (5-2), encamiñando xa o partido na primeira parte, con 3-0. As máis de 1200 almas que asolagaron Vista Alegre ovacionaron a ourensá Bea Seijas, na súa retirada das pistas, cun aplauso de minutos e manteo incluído de ambas as escuadras. Dany encamiñou o marcador antes de cumprirse o segundo minuto de xogo, na primeira chegada mariñá. Tras dúas intervencións moi oportunas de Ana Romero, no minuto 9, Bea Mateos enfundou a camiseta de porteira xogadora para atopar comodidade da escuadra sobre a pista e así chegou, antes do ecuador, o segundo, nas zapatillas de Peque. Reaccionaron as de Morenín cunha presión alta buscando dificultar a saída de balón rival na segunda medianía antes do descanso ás burelistas. Ourense regresou con perigo e Sara Moreno reduciu no 23. Respondeu pouco despois o Pescados Rubén de novo coa capitá liderando o xogo de cinco. Ana Romero sacou un pé prodixioso no 29 ante Chiky e Dany, sempre intelixente, aproveitou no 32 unha indecisión entre Bea Seijas e Vane para o 4-1. O Ourense reduciu distancias tres minutos máis tarde, cun disparo de Sara Moreno que tocou na defensa burelista e confundiu á meta. Cumpríase o minuto 35 e continuou no seu empeño Morenín con porteira xogadora en busca da remontada, sen apenas xerar perigo. Aí estaba Peque, atenta a todo, para aproveitar e anotar o 5-2 a porta baleira no 38. Ficha Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Peque, Cami, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Jenni, Luci, Lara Balseiro, Alves, Popó Ourense Envialia FSF: Vane, Bea Seijas, Laura Doce, Marta, Sara Moreno, cinco inicial; tamén xogaron Judith, Chiky, Vera, Candela, Mery, Zaide Goles: 1-0, minuto 2, Dany; 2-0, minuto 10, Peque; 3-0, minuto 20, Luci; 3-1, minuto 23, Sara Moreno; 4-1, minuto 32, Dany; 4-2, minuto 35, Sara Moreno; 5-2, minuto 38, Peque Árbitros: Manteiga Rodríguez // Martínez Torres. Por Ourense amarela a Sara Moreno, Judith. Incidencias: Partido correspondente á segunda semifinal de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño) disputado en Vista Alegre, ante unhas 1200 persoas.
Ler máis
Futsi Navalcarnero pelexará mañá, ás 17.00 horas en Vista Alegre, por revalidar o seu título de Copa, no que podería converterse no seu oitavo galardón da cita. Farao logo de impoñerse con solvencia ao Alcorcón FSF na primeira semifinal da Raíña, con 8-4. O acerto das de Andrés Sanz outorgoulles unha cómoda renda ao descanso con 4-0, ante a que souberon responder as de Adri Martiño nunha segunda parte de infarto e goles. Bruna adiantou as de Andrés Sanz no 8. No 12, Nere Moldes levantou a bancada, rozando o empate. Rivera evitou o segundo tan só un minuto despois, pero o Futsi non tardou en atopalo, nas zapatillas de Ari, no 14. Non aproveitaron as de Adri Martiño para reducir distancias, con Isa García no segundo pau desde balón parado de Nere Moldes, e con todo si o fixo o Navalcarnero desde saque de esquina materializado por Bruna e ampliado en dobre penalti por Ari. Remou o Alcorcón cun 4-0 en contra; apostou por xogo de cinco e pelexou por volver meterse no partido. No 24 Nere Moldes reduciu distancias, pero pouco lle durou a alegría; segundos despois María Sanz puxo o 5-1; non se resignaron as de Adri Martiño e de novo apareceu Vane Sotelo. Vista Alegre vibrou cun espectáculo de goles con tira e afrouxa no derbi madrileño; ao gol do Navalcarnero no 28 a porta baleira, respondeu inmediatamente Rivera co 6-3. Antes do ecuador do segundo acto, Vane Sotelo estivo a piques de atopar o cuarto. As de Alcorcón non acababan de ter fortuna na finalización; Marta Balbuena, no 36, mantivo a renda de Futsi e aproveitou Marta para o sétimo, a porta baleira. Bruna, no 38, volveu asestar outro golpe, co 8-3. As de Adri Martiño pelexaron ata a extenuación, co 8-4, de Ana Rivera, a falta de 14 segundos para a bocina. Ficha técnica Futsi Atlético Navalcarnero: Marta Balbuena, Ari, Leti, Ame, Anita Luján, cinco inicial; tamén xogaron Marta, Bruna, María, Gaby AD Alcorcón FSF: Belén, Isa García, Irene Samper, Vane Sotelo, Rivera, cinco inicial; tamén xogaron Cyn Romano, Nere Moldes, Balle, Aída, Pipi Goles: 1-0, minuto 8, Bruna; 2-0, minuto 14, Ari; 3-0, minuto 18, Bruna; 4-0, minuto 19, Ari (d.p.); 4-1, minuto 24, Vane Sotelo; 5-1, minuto 25, María Sanz; 5-2, minuto 26, Vane Sotelo; 6-2,minuto 28, Anita; 6-3, minuto 28, Rivera; 7-3, minuto 36, Marta; 8-3, minuto 38, Bruna, 8-4, minuto 40, Rivera Árbitros: Ferrero Carballal // Menéndez Nistal. Por Futsi amarela a María Sanz. Por Alcorcón amarela a Irene Samper, Vane Sotelo, Rivera. Incidencias: Partido correspondente á primeira semifinal de Copa de SM A Raíña (Burela, 14-16 de xuño) disputado en Vista Alegre, ante máis de 1000 persoas.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 04/05/2019
Manzanares FS 4 4 Axa Ita Port Elche CF
Bisontes Castellón 0 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Dimurol S. Tenerife 3 3 Software DELSOL Mengíbar
Pescados Rubén-Burela FS 2 5 FC Barcelona B
Colo Colo Zaragoza 2 2 Córdoba CF Futsal
Santiago Futsal 8 2 Soliss FS Talavera
Rivas Futsal 4 5 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal66
3Software DELSOL Mengíbar62
4Manzanares FS56
5FC Barcelona B 54
6ElPozo Ciudad de Murcia 53
7Córdoba CF Futsal48
8Santiago Futsal45
9Rivas Futsal37
10Noia Portus Apostoli35
11Axa Ita Port Elche CF33
12Bisontes Castellón33
13Colo Colo Zaragoza32
14Gran Canaria FS29
15Soliss FS Talavera29
16Dimurol S. Tenerife4
Goleador
Matamoros
GolesXogador
22Matamoros
16Renato
14Juanfran
11Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Última xornada
Partidos celebrados o 01/06/2019
AD Sala Zaragoza 2 2 Guadalcacín
UCAM Murcia 2 6 Pescamar Poio FS
Viaxes Amarelle F.S. 0 5 Jimbee Roldán FSF
AD Alcorcón FSF 0 2 CD Futsi Atlético Féminas
Ourense Envialia 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Leganés Masdeporte 2 1 Móstoles FSF
Universidad de Alicante 5 0 Penya Espluges Gironella FS
Femisport *Sancionado con -3 puntos 1 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas84
2Pescados Rubén-Burela FS84
3Ourense Envialia57
4Jimbee Roldán FSF56
5AD Alcorcón FSF55
6Universidad de Alicante53
7Pescamar Poio FS53
8Penya Espluges Gironella FS47
9UCAM Murcia44
10Móstoles FSF39
11Majadahonda FSF/Afar 431
12Leganés Masdeporte27
13AD Sala Zaragoza24
14Guadalcacín22
15Viaxes Amarelle F.S.19
16Femisport *Sancionado con -3 puntos1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
20Dany
14Cami
13Luci
12Cristina
11Cilene
8Jenny
8Lara
6Alves
6Bea Mateos
1Jozi
1Popó
Patrocinadores