Publicidade
X Pechar
Xa temos datas para a nova tempada das Guerreiras Laranxas; así o deu a coñecer a RFEF na tarde de onte. A Bomboneira estreará a liga 2019-20 o 14 de setembro, con nin máis nin menos que derbi irmandiño ante o Poio Pescamar FSF, e despediraa o 2 de maio, cun novel, o Bilbo FS. Esta será a primeira tempada na que o calendario dos dous equipos sénior do Pescados Rubén Burela FS, feminino e masculino, coincidan en apertura e peche. Ademais, a estrea será cento por cento Laranxa, coa inauguración de ambos en Vista Alegre, na primeira de seis xornadas nas que compartirán escenario como locais (xornadas 1, 3, 5, 9, 11 e 13), todas na primeira volta. O de Poio será o único duelo galego que vivirá a escuadra mariñá arroupada pola Bancada Laranxa na primeira volta; para Cidade das Burgas e Ourense Envialia haberá que esperar ao 1 de febreiro e 14 de marzo respectivamente, nas xornadas 19 e 24. Outra das grandes citas que se poderán gozar na casa antes do ecuador de Nadal será ante o Futsi Atlético Navalcarnero o 30 de novembro, na 12, con volta en La Estación, na 27, o 4 de abril. Supercopa e 4 Nations Futsal, como preámbulo Na axenda burelista xa hai outras dúas citas marcadas antes do inicio de liga. O novo duelo de titáns, ante o Futsi, de Supercopa de España está programado para a fin de semana do 7 de setembro. Antes, o 31 de agosto e 1 de setembro, o Pescados Rubén Burela FS disputará en Milán a segunda edición de 4 Nations Futsal Women’s Cup, con Kick Off C5 Femminille, como anfitrión, Laguna-Uor de Rusia e Budstar de Ucraína.
Ler máis
Última xornada
Partidos celebrados o 04/05/2019
Manzanares FS 4 4 Axa Ita Port Elche CF
Bisontes Castellón 0 5 ElPozo Ciudad de Murcia
Dimurol S. Tenerife 3 3 Software DELSOL Mengíbar
Pescados Rubén-Burela FS 2 5 FC Barcelona B
Colo Colo Zaragoza 2 2 Córdoba CF Futsal
Santiago Futsal 8 2 Soliss FS Talavera
Rivas Futsal 4 5 Noia Portus Apostoli
Real Betis Futsal 4 1 Gran Canaria FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS67
2Real Betis Futsal66
3Software DELSOL Mengíbar62
4Manzanares FS56
5FC Barcelona B 54
6ElPozo Ciudad de Murcia 53
7Córdoba CF Futsal48
8Santiago Futsal45
9Rivas Futsal37
10Noia Portus Apostoli35
11Axa Ita Port Elche CF33
12Bisontes Castellón33
13Colo Colo Zaragoza32
14Gran Canaria FS29
15Soliss FS Talavera29
16Dimurol S. Tenerife4
Goleador
Matamoros
GolesXogador
22Matamoros
16Renato
14Juanfran
11Pope
9Hélder
9R. Vargas
7Luisma
6Iago Míguez
6Pitero
5Lucho
4Joselito
4Porto
2Edu
Última xornada
Partidos celebrados o 01/06/2019
AD Sala Zaragoza 2 2 Guadalcacín
UCAM Murcia 2 6 Pescamar Poio FS
Viaxes Amarelle F.S. 0 5 Jimbee Roldán FSF
AD Alcorcón FSF 0 2 CD Futsi Atlético Féminas
Ourense Envialia 2 1 Majadahonda FSF/Afar 4
Leganés Masdeporte 2 1 Móstoles FSF
Universidad de Alicante 5 0 Penya Espluges Gironella FS
Femisport *Sancionado con -3 puntos 1 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1CD Futsi Atlético Féminas84
2Pescados Rubén-Burela FS84
3Ourense Envialia57
4Jimbee Roldán FSF56
5AD Alcorcón FSF55
6Universidad de Alicante53
7Pescamar Poio FS53
8Penya Espluges Gironella FS47
9UCAM Murcia44
10Móstoles FSF39
11Majadahonda FSF/Afar 431
12Leganés Masdeporte27
13AD Sala Zaragoza24
14Guadalcacín22
15Viaxes Amarelle F.S.19
16Femisport *Sancionado con -3 puntos1
Goleadora
Peque
GolesXogadora
23Peque
20Dany
14Cami
13Luci
12Cristina
11Cilene
8Jenny
8Lara
6Alves
6Bea Mateos
1Jozi
1Popó
Patrocinadores