23/10/2012

Ribadeo FS 2-4 Concello de Guntín

Ribadeo FS 2-4 Concello de Guntín

A falta de puntería privou o Ribadeo FS de conseguir algo positivo ante un bo Concello de Guntín (2-4). De novo os erros en finalización negáronlles ás mariñás os tres puntos, con moitas máis ocasións que as visitantes. Tres xornadas sen coñecer a vitoria relegan ás ribadenses ao antepenúltimo posto, con tan só 1 punto recollido ante o FC Meigas, na estrea de tempada.



Un mal inicio de partido levou as locais a un marcador adverso de 0-2. Noelia, ao minuto e medio, e Laura Vázquez, tres máis tarde, foron as autoras dos dous tantos cando aínda as mariñás non se asentaran na pista. O resto do encontro foi unha entrega total das xogadoras de Martínez, que vían como os seus disparos non acertaban cos tres paus. Chegou a esperanza a falta de 2 minutos para irse ao descanso, cando Ana conseguiu o 1-2, nun remate de saque de esquina.



Saíron de novo as ribadenses arriscándoo todo e buscando moi arriba a un rival con oficio que se dedicaba a contragolpear. O tempo transcorría e as da Mariña arriscaban un pouco máis en cada minuto na busca da igualada. Con todo, no minuto 30 Carmen bateu a Antía, subindo o 1-3 ao luminoso. Mentres tanto, a madeira repelía os disparos das locais e de novo apareceu o Guntín, nunha nova contra ben levada por Noelia, a falta de 3 minutos, con 1-4. As pupilas de Martínez non se entregaron e aínda non transcorrera o minuto 37 cando Elvira conseguiu reducir distancias, de tiro cruzado, e pór o 2-4 definitivo.



O próximo partido para as da vila do Eo será a visita ao pechacancelas, Cidade das Burgas, que coincide coa xornada de descanso do equipo ourensán de Primeira División.



Ficha técnica



Ribadeo FS: Antía, Ana, Toñi, Elvira e Helena, cinco inicial; tamén xogaron Sabela, Nuria, Yoli, Eva e Arancha.



FSF Concello de Guntín: Jessica, Noelia, Lorena, Laura e Patricia, cinco inicial; tamén xogaron Mª del Carmen, Laura Legaspi, Carolina, Paula e Amanda.



Árbitros: Nino Silvarrey Vilar e Eva Fernández Lorido, da delegación de Lugo. Mostraron cartón amarelo a Lorena, do Concello de Guntín.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibajos sufre en Mengíbar pero logra puntuar y afianzar ese tercer puesto en la clasificación.

En un encuentro muy intenso y luchado, las mariñanas no han mostrado su mejor versión con una primera parte que les ha costado el encuentro.

Complicado encuentro para el Burela que termina remontando un encuentro lleno de altibajos para el conjunto mariñano.