02/09/2018

Palma recupera el Burela Bonita

Palma recupera el Burela Bonita
O Palma Futsal, triunfador do Torneo Burela Bonita xa no nacemento da cita, recuperou esta noite o galardón mariñán nunha final na que se impuxo 2-8 fronte a un Pescados Rubén Burela FS que amosou bos momentos fronte a un impoñente rival de Primeira. Los insulares se despiden de A Mariña con doblete campeón, en sénior y juvenil, frente a los anfitriones.

Mati Rosa e Taffy intentaron sorprender a Edu nos primeiros compases. No entanto, R. Vargas foi o que tomou a iniciativa, para os anfritrións, no minuto 4; precisou tres tentativas para perforar a rede de Barrón. O meta insular freou as dúas primeiras pero nada puido facer á terceira, co 15 laranxa a pase de Juanfran. Pouco lles durou a vantaxe aos de Juanma Marrube; acto seguido Catela igualaba a contenda dende saque de esquina e no 6 poñía por diante os visitantes. Tan só dous minutos despois, os insulares abrían camino co 1-3 nunha volea de Eloy Rojas. Tras o 1-4, de Taffy (minuto 11), nun erro de transición burelista, chegou a reacción laranxa, capitaneda por Matamoros, que recurtou co 2-4 no 12. Barrón evitó o terceiro dos galegos fronte a Hélder no 15 e Edu fixo o propio no 17 ante Rosa. Porén foi de novo o equipo de Primeira, sen perdoar, o que atopou premio, no minuto 19, de falta, con Diego Nunes.

Os de Juanma Marrube volveron á pista con todo, pero antes de cumprirse o minuto 22, o Palma volveu dar un golpe de autoridade, con Mati Rosa (2-6), nunha perda laranxa. Non quixeron baixar os brazos os mariñáns; no 27 Hélder tenteou con moito perigo a Barrón e segundos despois Pitero a punto estivo de cazar unha de ouro pegado á liña de meta. No 30, Taffy ampliou a fenda o 2-7. Con cinco minutos por diante, R. Vargas saíu como porteiro jugador para os da casa. O definitivo 2-8 chegou no 38, de Joaki, nunha recuperación sobre Luisma ao lado da meta de Imanol.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Luisma, R. Vargas, Pope, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Lucho, Juanfran, Pitero, Porto, Imanol, Nito

Palma Futsal: Carlos Barrón, Lolo, Taffy, Nunes, Rosa, cinco inicial; tamén xogaron Tomaz, Hamza, Catela, Joselito, Eloy Rojas, Paradynski, Joaki

Goles: 1-0, minuto 5, R. Vargas; 1-1, minuto 4, Catela; 1-2, minuto 6, Catela; 1-3, minuto 8, Eloy Rojas; 1-4, minuto 11, Taffy; 2-4, minuto 12, Matamoros; 2-5, minuto 19, Nunes; 2-6, minuto 22, Rosa; 2-7, minuto 30, Taffy; 2-8, minuto 38, Joaki

Árbitros: Feliz Otero // Nóvoa García (Ourense). Por Burela amarela a Pitero. Por Palma amarela para Lolo, Mati Rosa

Incidencias: Partido correspondente á final do III Torneo Burela Bonita, disputado en Vista Alegre ante uns 500 afeccionados/as.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibajos sufre en Mengíbar pero logra puntuar y afianzar ese tercer puesto en la clasificación.

En un encuentro muy intenso y luchado, las mariñanas no han mostrado su mejor versión con una primera parte que les ha costado el encuentro.

Complicado encuentro para el Burela que termina remontando un encuentro lleno de altibajos para el conjunto mariñano.