Publicidade
X Pechar
Click aquí para descargar la última versión de Flash Player.
O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu esta tarde en Vista Alegre á eficacia finalizadora do Puertollano (2-4). Os laranxas puxeron máis corazón que cabeza nunha primeira parte na que non foron fieis ao traballo da semana. Malia non ser un equipo sólido, o Pescados Rubén conseguiu chegar vivo ao descanso, con 1-2, para reaccionar na segunda parte, aínda que o xogo de cinco mariñán ao final se puxo de parte dos visitantes. Edu volveu ao cinco inicial cunha brillante dobre parada xa no minuto 4. Freou máis tarde a Joaki pero non puido facer nada ante o mísil afastado de Nano no 7. O meta naronés e o pau aliáronse chegando ao minuto 10 para evitar o segundo dos castelano-manchegos nos pés de Lluc. Joaki aproveitou o rexeite do Edu ao bordo da área en contragolpe de Lluc para subir o 0-2 no 14. Antes intentara sorprender Víctor a Borja en galopada cun disparo que se lle foi desviado. Pediu tempo Juanma Marrube para reverter as malas enerxías. Tivo un par de actuacións de perigo o Puertollano nas proximidades burelistas, pero atopou diana o sempre xenial Matamoros, con catro minutos aínda para o descanso. Pouco máis tarde, Vista Alegre a punto estivo de cantar o empate cun centro de Mata ao que non chegou por case nada Colacha sobre a liña de meta. Xogou con máis intelixencia ao regreso a escuadra local, con máis circulación de pelota, máis posesión e mellor solidez defensiva. Pope, no 25, non atopou rematador fronte á rede visitante e Colacha non puido culminar un pase longo no 27. A falta de 8 minutos, Luisma viu a segunda amarela, e os de Juanma non tatexaron para bloquear a superioridade. Edu sacou as mans por arriba para frear a Joan Guardiola e ata Chus tivo unha grande oportunidade de ouro. Recuperando o equilibrio de protagonistas Pope estrelou contra o largueiro tras unha pugna de rexeites fronte a Borja. Con 4’13” para o final, o Burela FS apostou por xogo de cinco. Ampliaron entón a fenda os de Marlon Velasco a porta baleira con dúas dianas en tan só 20 segundos, de Dani Colorado e Lluc. Chus reduciu co 2-4 como porteiro xogador sen tempo para máis no frenético desenlace. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Edu, Víctor, Luisma, Chus, Colacha, cinco inicial; tamén xogaron Pope, Hélder, Matamoros, Renato, Kelson FSD Puertollano: Borja, Anuar Maimon, Nano, Manu Orellana, Dani Colorado, cinco inicial; tamén xogaron Joan Guardiola, Joaki, Lluc, Fernando Goles: 0-1, minuto 7, Nano; 0-2,minuto 14, Joaki; 1-2, minuto 16, Matamoros; 1-3, minuto 37, Dani Colorado; 1-4, minuto 37, Lluc; 2-4, minuto 39, Chus Árbitros: Álvarez Rueda // Hevia Campa (Asturias). Por Burela amarela a Hélder (minuto 15), Luisma (minuto 24 e 32) Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Segunda LNFS, disputado en Vista Alegre ante unhas 900 persoas, coa presenza do directivo da Real Federación Galega de Fútbol Pablo Prieto, responsable da sección de fútbol sala.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS ofreceu unha excelente imaxe nunha cita complicadísima na que competiu e gozou para levar o empate na casa do Poio Pescamar FSF (2-2). As pupilas de Julio Delgado e Lucas demostraron unha actitude e seriedade exemplares cazando un punto de ouro no duelo irmandiño a tan só 12 segundos para o final, con selo de Lara Balseiro. Viviu A Seca dez primeiros minutos alternando dominio con escasa intervención baixo paus, tras uns compases iniciais un pouco precipitados en ambas as filas. A práctica totalidade do perigo xerouse a balón parado e así chegou a vantaxe das laranxas, a 20 segundos para a bucina do descanso. Bea Mateos culminou o pase de Cilene, tras falta do Poio sobre Dany nunha recuperación. Comezou a segunda parte con máis chegadas e dominio das locais fronte á estabilidade imperturbable das laranxas sobre a pista. Nos primeiros minutos a rede de Jozi gañou a partida fronte á ex burelista Ceci, nun man a man primeiro e coa axuda da barreira máis tarde. O gran pesadelo para a artilleira Dany foi Silvia Aguete, a máis destacada das pontevedresas, que desartellou as intencións da brasileira ata en tres ocasiones. Burela viuse condicionado pola acumulación de faltas, con 9 minutos aínda por diante. No minuto 34, as anfitrioas da Seca sentenciaron táboas cun rexeite de Jozi que cazou Iria Saeta, tras disparo ao poste de Ceci. Antes o Poio desperdiciara dous dobres penaltis, un frustrado pola gardameta brasileira e outro estrelado contra a barreira. A falta dun minuto e medio, o Poio adiantouse no marcador, con Patri Corral, nun descoido das filas mariñás. Respondeu o Pescados Rubén con xogo de cinco e atou 1 punto moi importante case no último suspiro. O empate chegou restando 12 segundos, con broche de Lara, tras saída de vertixe de Cilene na pista laranxa nun prodixioso despexe de Jozi e con apoio en Bea Mateos. Ficha técnica Poio Pescamar FSF: Silvia Aguete, Jenni, Ceci, Iria Saeta, Patri Curral, cinco inicial; tamén xogaron Caro, Ale de Paz Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cilene, Lara, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Julia Forsiuk, Sara Correia, Judith, Tai Goles: 0-1, minuto 20, Bea Mateos; 1-1, minuto 34, Iria Saeta; 2-1, minuto 39, Patri Corral; 2-2, minuto 40, Lara Balseiro Árbitros: Martínez Torres // Ferrero Carballal. Por Burela amarela a Julia, Bea Mateos e Cilene. Incidencias: Partido correspondente á xornada 10 de Primeira RFEF disputado no pavillón da Seca de Poio.
Ler máis
Tan só 2 puntos lles dan a vantaxe as laranxas no inminente derbi galego na pista do Poio Pescamar FSF. O Pescados Rubén Burela FS defenderá mañá o coliderado, empatado a 24 puntos con Futsi, fronte ás pontevedresas, con 22, na Seca (16.30 horas, con TVG2 en directo). “Xa houbo nervios durante a semana nos adestramentos. O Poio está a tan só 2 puntos e sabemos que é un partido moi importante para ambos os equipos” explicaba a gardameta Jozi dun rival co que as pupilas de Julio Delgado e Lucas xa se viron as caras en pretempada. “É un rival pelexón e guerreiro. É un equipo que na súa pista deixa a pel. Así esperamos o Poio, con toda a súa enerxía” advertía así do perigo a 1 burelista, dun rival que chega con 7 triunfos consecutivos á xornada 10. As mariñás perseguirán a súa sexta vitoria consecutiva nunha semana máis elplácida do habitual, tras a vitoria ante Soto do Real (8-1), e co perfeccionamiento do seu xogo como meta: “Puidemos respirar un pouco despois do partido. Estamos contentas porque estamos gañando os partidos, pero hai tensión, non estamos xogando o fútbol sala que nos gustaría xogar, o fútbol sala que sabemos que podemos xogar. Os resultados estannos axudando para seguir buscando xogar máis como equipo para que non todos os partidos sexan de nervios ata o último minuto”. Para Jozi o espectáculo está garantido, sen dúbida, co firme propósito laranxa de continuar no cumio. “Imos coas mellores expectativas para conseguir estes tres puntos importantísimos para seguir soñando e, por que non?, revalidar un título de liga. Imos con todas as armas que temos, temos uns puntos fortes moi ben traballados no equipo. Oxalá non teñamos que utilizalas todas”. “É unha gran noticia para o fútbol sala; son pasos importantes para que o noso deporte se difunda, chegue a máis xente e que se poida coñecer máis” aplaudía así a meta brasileira a emisión en directo da cita irmandiña para toda Galicia. Julio Delgado e Lucas poderán contar con todos os seus efectivos, co debut na convocatoria de Cristina Lourés, do Comarcal A Fervenza FSF. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cris, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Sara Correia, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 17. Sofía, 37. Julia Forsiuk
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Manzanares FS
4 victorias | 0 empates | 6 derrotas
Puntos acumulados: 12
Pescados Rubén-Burela FS
6 victorias | 0 empates | 4 derrotas
Puntos acumulados: 18
Cancha de xogo:
Pavillón Municipal de Manzanares
Data:
25 de novembro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 18/11/2017
Real Betis Futsal 4 3 Elche CF
Manzanares FS 5 1 Tenerife Iberia Toscal
ElPozo Ciudad de Murcia 3 3 Prone Lugo AD
Itea Córdoba 3 3 Bisontes Castellón
Software DELSOL Mengíbar 3 2 CD UMA Antequera
FS Valdepeñas 4 2 FC Barcelona B
Pescados Rubén-Burela FS 2 4 Puertollano FS
Noia Portus Apostoli 1 6 Rivas Futsal
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1FS Valdepeñas22
2ElPozo Ciudad de Murcia 22
3FC Barcelona B 21
4Puertollano FS19
5CD UMA Antequera19
6Pescados Rubén-Burela FS18
7Real Betis Futsal17
8Bisontes Castellón17
9Software DELSOL Mengíbar16
10Rivas Futsal15
11Itea Córdoba14
12Manzanares FS12
13Noia Portus Apostoli7
14Elche CF4
15Prone Lugo AD4
16Tenerife Iberia Toscal1
17Admón. 3000
Goleador
Matamoros
GolesXogador
10Matamoros
6Luisma
4Hélder
3Jesús Blázquez Pacheco
3Pope
3Renato
2Víctor
1Colacha
Próximo partido
Partido pertencente á 11ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
8 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 25
Jimbee Roldán FSF
7 victorias | 2 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 23
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
25 de novembro de 2017
Última xornada
Partidos celebrados o 18/11/2017
VP Soto del Real 6 3 Guadalcacín
Jimbee Roldán FSF 1 0 Leganés Masdeporte
Cidade de As Burgas 2 3 Universidad de Alicante
Cádiz Polideportivo FSF 3 5 Majadahonda FSF/Afar 4
Móstoles FSF 0 0 AD Alcorcón FSF
Penya Espluges Gironella FS 2 1 UCAM Murcia
CD Futsi Atlético Féminas 0 0 Ourense Envialia
Pescamar Poio FS 2 2 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2017 / 2018
1Pescados Rubén-Burela FS25
2CD Futsi Atlético Féminas24
3Jimbee Roldán FSF23
4Pescamar Poio FS23
5Universidad de Alicante22
6AD Alcorcón FSF20
7Ourense Envialia14
8Leganés Masdeporte13
9Penya Espluges Gironella FS12
10Móstoles FSF12
11UCAM Murcia11
12Majadahonda FSF/Afar 410
13Guadalcacín8
14VP Soto del Real5
15Cidade de As Burgas1
16Cádiz Polideportivo FSF1
Goleadora
Cilene
GolesXogadora
10Cilene
10Lara
8Dany
6Bea Mateos
6Julia
2Sofía
2Tai
1Judith
Patrocinadores