05/09/2019

Peche de pretempada con táboas ante O Parrulo

Peche de pretempada con táboas ante O Parrulo
Celebrando o 18º aniversario laranxa, o Pescados Rubén Burela FS pechou onte a axenda de amigables de pretempada con táboas fronte ao Parrulo FS (1-1).

O derbi galego con arrecendo a Primeira e pasado burelista nas filas ferrolás saldouse cun gol para cada banda no primeiro acto. R. Vargas adiantou os mariñáns no 15, en contragolpe, e Miguel igualou antes do descanso, de rexeite.

Os pupilos de Juanma Marrube estrearán a competición ligueira de Primeira LNFS o sábado 14, en Vista Alegre, con Tarde Laranxa. Industrias Santa Coloma será o rival no regreso á elite (horario pendente de confirmación), tras a estrea de Primera RFEF, con derbi galego entre as Guerreiras e o Poio Pescamar FSF.

Outubro, Copa Galicia en Xove

Os pupilos de Juanma Marrube disputarán cuartos de Copa Galicia finalmente o 23 de outubro en derbi mariñán, na pista do SD Xove FS (21.00 horas).

Ficha técnica


O Parrulo FS: Illi, Isma, Adri, Rahali, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Iván Rumbo, Iago Rodríguez, Saura, Miguel, Diego Núñez

Pescados Rubén Burela FS: Edu, R. Vargas, Pope, Juanfran, Amoedo, cinco inicial; tamén xogaron Joselito, Lucho, Iago Míguez, Matamoros, Renato, Everton, M. Kaluza

Goles: 1-0, minuto 15, R. Vargas; 1-1, minuto 18, Miguel

Incidencias: Partido de presentación do Parrulo FS disputado na Malata. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Ana Gómez Fustes, irmá do coordinador da base laranxa, Christian Fustes.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.