21/09/2015

O Burela vence ao Elxe por un axustado 2-1

Nota de prensa: ACFSF. Gustavo Voces
O Burela vence ao Elxe por un axustado 2-1
O Burela FS Pescados Rubén facíase de inicio co dominio do xogo ante o recentemente ascendido Elxe, que durante os primeiros compases de partido deixábase facer. O empuxe local tivo premio con dous goles case consecutivos de Claudia, de disparo desde fóra da frontal que golpeaba en Maite, e de Ceci, tras asistencia de Peque ao segundo pau, que deixaban aos sete minutos de xogo un claro marcador para as mariñás. Co paso do tempo, as lucenses parecían deixarse levar ante un combinado ilicitano que ofrecía moi pouco en labores ofensivos, aínda que as ocasións seguían sendo claras para as locais cun incluso un remate ao pau de Gaby. Xa no tramo final, Esther Lauri nunha contra a pase de Ángela Mingot conseguía recortar distancias para o Elxe. Xa na segunda parte, o Burela conseguía dominar o xogo e dispoñías de varias ocasións claras para ampliar a súa vantaxe no marcador. Co paso dos minutos, a escuadra levantina mostrábase máis cómoda sobre a cancha. A pouco máis dun minuto para o final, o Elxe optaba polo xogo de cinco, pero a escuadra laranxa soubo contemporizar as súas posesións ante un rival que non contou con ocasións claras de gol para conseguir a igualada. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Gaby, Maite, Ceci e Peque -cinco inicial- Claudia, Bea Mateo e Judith. Elche CF : Aída; Ángela Mingot, Miriam, Maite e Pegue -cinco inicial- Irene, Nuria, Idoia, Esther, Esther Laurí e Sonia Goles: 1-0, m.6, Claudia; 2-0, m.7, Ceci; 2-1, m.19, Esther Lauri . Pavillón Vista Alegre. Preto de 250 espectadores. Na previa do partido, as xogadoras do Burela FS Pescados Rubén brindaron ao seu público o trofeo de Supercopa de España conseguido a semana pasada ante o At. Féminas Navalcarnero.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.