29/12/2014

O Burela FS suma á súa vitrina o Torneo Cidade de Narón Futsal 2014

O Burela FS suma á súa vitrina o Torneo Cidade de Narón Futsal 2014

O CD Burela FS Peixes Rubén despide o seu brillante 2014 con vitoria no Torneo Cidade de Narón Futsal 2014. O conxunto de Juanlu venceu onte por 0-3 ao conxunto local na Gándara, con toque goleador na primeira parte, de Renato, Carlitos e Matamoros.



O prometedor xuvenil Renato inaugurou o marcador no minuto 5, tras un contragolpe e xerando un dous contra un que non puido resolver Nico. A intensidade imposta polos da Mariña fíxose dona do partido. Así, no minuto 17, Carlitos aproveitou o rexeitamento do meta local a un lanzamento de Matamoros; o canteirán subiu o 0-2 desde o bordo do área cun tiro raso. O terceiro chegou segundos despois, de Matamoros tras unha perda de balón.



Con 0-3, tras o descanso, o conxunto laranxa tomou as cousas con máis calma, aínda que sen perder o control da situación. As escasas chegadas dos locais, en contraataque, apenas xeraron perigo para a portería burelista, compartida por Edu e Álex.



O cocapitán do CD Burela FS Edu recibiu de mans da concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, o trofeo de campión da primeira edición da cita da súa terra natal.



Ficha técnica



Cidade de Narón FS: Nico, Róber, Lito, Christian, Juve. Tamén xogaron Iván, Álex, Javichu, Buján, Ángel (p), Borja, Rafita.



CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Chano, Antoñito, Ángel. Tamén xogaron Matamoros, Carlitos, Renato, Hélder, Álex González



Goles: 0-1, minuto 5, Renato; 0-2, minuto 17, Carlitos; 0-3, min 17, Matamoros.



Árbitros: Jorge Varela // José Luis Rey (A Coruña)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.