05/10/2013

Derbi galego de cor laranxa

O Burela Pescados Rubén vence no derbi galego por 4-2 ao Cidade As Burgas nun encontro que as burelesas romperon no inicio do segundo periodo.
Derbi galego de cor laranxa
O derbi comezou cun zarpazo do Burela Pescados Rubén no primeiro minuto, Maite marcou o 1-0 de potente disparo ante o que Ana pouco puido facer. A intensidade en ambas escuadras impoñíase ao xogo combinativo e desa situación sacou proveito Figo para lograr o empate ourensán. O choque transcorría sen grandes ocasións de gol e aventurábase a igualada ao descanso ata que apareceu Peque, a 17 segundos da bocina, logrando o 2-1 co que se chegou ao intermedio. No segundo acto, as burelesas cambiaron o ritmo e comezaron a dominar con maior claridade para liquidar o choque en cinco minutos. No minuto 25, o Burela Pescados Rubén vencía por 4-1, con goles de Lidia e Maite, e as ourensás careceron de poder reacción ante o dominio local. Nos instantes finais Sonia Pacios marcou o definitivo 4-2 nun derbi galego de cor laranxa. Ficha técnica Burela Pescados Rubén: Patri, Peque, Maite, Lidia Mesías, Bea Mateos –cinco inicial- Lara, Claudia, Silvia. Cidade As Burgas: Ana, Peke, Sonia Pacios, María Arias, Vane –cinco inicial- Figo, Nerea García, Nati, Goles: 1-0, m.1, Maite; 1-1, m.8, Figo; 2-1, m.19, Peque; 3-1, m.24, Lidia; 4-1, m.25, Maite; 4-2, m.40, Sonia Pacios. Incidencias: Derbi galego da Primeira División RFEF, disputado no pavillón municipal de Vista Alegre. 600 espectadores..

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.