13/04/2012

O Burela FS viaxa a Eivissa coa fase de ascenso no punto de mira

O Burela FS viaxa a Eivissa coa fase de ascenso no punto de mira

O Burela FS Pescados Rubén viaxa hoxe a Eivissa convencido de romper o maleficio a domicilio e coa fase de ascenso no punto de mira. Co Space Gasifred, no polideportivo Blancadona (17.30 horas), o cadro laranxa inicia mañá o último tramo da liga, cun mes e cinco auténticas finais por diante.


Coa última praza de play off en xogo co UMA Antequera compartindo 33 puntos, o Burela FS precisa sumar puntos para asentarse na zona privilexiada. Chega do descanso, con forza e, sobre todo, moi motivado para seguir mantendo vivo o soño de Primeira; a oitava e novena posición están a 2 puntos, en mans do Hotels Plaza Andorra e UA Ceutí respectivamente.


Porén, para o rival esta tamén se perfila como unha verdadeira final; desde a décimo terceira praza e 26 puntos, os ‘pitiusos’ pelexan por ampliar distancias co perigo do descenso, nestes momentos a 1 punto. Segundo a información facilitada polo club balear, o Eivissa traballou con todos os seus efectivos durante estes días; soamente xogadores como Leo, Ernesto ou Juanito sofren algo de fatiga muscular, perfectamente controlada polo corpo médico, pola carga acumulada da tempada.


Na casa, o Pescados Rubén impúxose aos insulares por 5-3.


Próxima xornada. O cadro mariñán recibirá a vindeira xornada, o sábado 21, o Sala 5 Martorell, cunha pequena variación no seu horario habitual. Vista Alegre acollerá o encontro a partir das 17.30 horas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.