29/01/2012

Empate en Antequera (2-2) logo de ir por diante no marcador

Empate en Antequera (2-2) logo de ir por diante no marcador

O equipo laranxa acadou o empate en terras andaluzas logo de pórse 1-0 no minuto 19 por mediación de André. Dispuxo de oportunidades o cadro mariñán para aumentar a renda pero non tivo sorte o Burela FS Pescados Rubén, que vería como igualaba o Antequera (1-1) no reinicio da segunda parte grazas a Crispi.


Malia o gol dos locais, o Burela FS levou o ritmo do xogo en determinadas fases e puido anotar aos poucos minutos, pero sería de novo o conxunto andaluz o que marcaría no minuto 32 (1-2). Non perdeu a fe o equipo que dirixe Quique García e seguiu loitando por darlle a volta ao marcador. E case o consegue. Anotou Juanma no minuto 36 (2-2), pero xa non foi capaz o cadro laranxa de marcar outro gol. Empate por tanto na complicada pista do Antequera que sabe a pouco, para un Burela FS Pescados Rubén que tenta recuperar o paso da vitoria. O vindeiro sábado chega a Vista Alegre a visita do Gáldar canario, un ilustre da categoría.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.