08/10/2020

50 abonos dispoñibles para Primeira Feminina

Os socios 2020-21 que non tiveron a oportunidade de conseguir o seu abono no prazo anterior poderán optar a eles
50 abonos dispoñibles para Primeira Feminina

Os socios 2020-21 que non tiveron a oportunidade de conseguir o seu abono no prazo anterior poderán optar agora a un dos 50 abonos dispoñibles para Primeira Feminina. A formalización tramitarase exlclusivamente na oficina dende o vindeiro martes, 13 de outubro, e farase por rigorosa orde de solicitude.

Os abonad@s terán dereito á selección do asento para a toda a tempada, en función da dispoñibilidade actual. Á zona de bancada alta aplicaráselle un 15% de desconto sobre o importe.

Prezos 2020-21

Abono Primeira Feminina: 80 euros (+20 euros de soci@)


Os abonos serán sempre nominativos e poderán deixarse a disposición do club no caso de que non se faga uso deles, con desconto de 5 euros en cada partido ata un 70% do importe do abono.

Horario de atención: De luns a xoves 10.00-14.00 // 16.30-19.00
Venres 10.00-14.00

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.