26/09/2020

As burelistas revalidan o Memorial José Huerta-Pablo Cortina (2-7)

Gran estrea de pretempada viviron esta tarde as burelistas revalidando o Memorial José Huerta-Pablo Cortina
As burelistas revalidan o Memorial José Huerta-Pablo Cortina (2-7)

Gran estrea de pretempada viviron esta tarde as burelistas revalidando o Memorial José Huerta-Pablo Cortina. O Pescados Rubén impúxose con solvenvia, 2-7, ao Rodiles FSF, de Segunda División, en terras asturianas.

As Guerreiras saltaban á pista de Villaviciosa defendendo o título de 2019 e sen querer deixar nada ao azar fronte á mocidade e ilusión das anfitrioas. Ale de Paz foi unha das primeiras visitantes en avisar sobre a rede asturiana e así adiantou as galegas xa no minuto 3. Bea Mateos estrelouna contra o pau no 6; Peque tampouco puido sorprender no rexeitamento. Volveu tentalo a 7 laranxa sen éxito, no 8, aínda que pouco despois Jenny atopou o segundo desde a banda, que ampliou tres minutos despois Elena Aragón. Jenny aínda dispuxo do cuarto en dobre penalti antes do ecuador, que si conseguiu materializar Leti, asistida precisamente pola portuguesa.

O 0-5 apenas se fixo esperar na continuación, nas zapatillas de Bea Mateos. As anfitrioas, sen case xerar perigo, conseguiron estrear o luminoso no 26, con Candi. Peque, en primeira instancia, e Ale, no rexeitamento, non puideron aproveitar para ampliar a fenda pouco despois. Foron os mellores minutos das locais, que conseguiron o 2-5 antes do 30, nunha falta transformada por Romina, e con novo perigo a balón parado segundos despois con bo despexe mariñán. Seguindo co dominio laranxa, Zaira evitou o sexto, de Lara Balseiro, no 32. Dany non chegou ao balón cruzado de Elena pouco despois. Pero a andaluza non errou no 34, selando cun sombreiro o 2-6 ante unha meta moi adiantada, culminado cunha estrea burelista de triplete, no 35.

Ficha técnica

Rodiles FSF: Jessica, Paula A., Sonia, Romina, Clara, cinco inicial; tamén Laura P., Candi, Isabel, Seila, Carolina, Laura G., Zaira, Nuria, Candela

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cristina, Cilene, Ale de Paz, Elena Aragón, cinco inicial; tamén xogaron Bea Mateos, Lara Balseiro, Peque, Cami, Jenny, Dany, M. Cortés, Sandra Buzón

Goles: 0-1, minuto 3, Ale dePaz; 0-2, minuto 10, Jenny, 0-3, minuto 13, Elena Aragón; 0-4, minuto 20, Leti; 0-5, minuto 21, Bea Mateos; 1-5, minuto 26, Candi; 2-5, minuto 30, Romina; 2-6, minuto 34, Elena Aragón; 2-7, minuto 35, Elena Aragón.

Árbitros: Gallo Suárez // Fernández Rodríguez

Incidencias: Partido correspondente ao IX Memorial José Huerta-Pablo Cortina disputado no pavillón Manuel Busto de Villaviciosa. A capitá, Peque, recibiu o trofeo de campioas de mans da concelleira de Deportes, Lida Espina.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.