04/08/2020

Lara Balseiro renova unha tempada máis co Pescados Rubén

Volverá poñer o toque mariñán no vestiario para o proxecto 2020-21
Lara Balseiro renova unha tempada máis co Pescados Rubén

A vivirense Lara Balseiro mantén a súa aposta polo Pescados Rubén Burela FS unha tempada máis. Volverá poñer o toque mariñán no vestiario para o proxecto 2020-21 e móstrase impaciente por regresar á normalidade e manter no máis alto ao equipo.

A ala burelista é consciente de que o horizonte do equipo garda grandes retos, pero non oculta o seu orgullo por formar parte desta familia. “Sabemos que no Pescados Rubén Burela FS a esixencia sempre é a máxima e estamos obrigadas a dar o mellor de nós para gañar o maior número de títulos posibles”.

“Xogar no Burela é un privilexio e un soño, ao mesmo tempo ca unha gran responsabilidade” afirma a xogadora á vez que se mostra disposta a defender o escudo. “Estou moi agradecida pola oportunidade de vestir esta camiseta un ano máis”.

A pesar das ganas que a xogadora ten de volver ao campo e seguir gañando títulos para o seu equipo, tamén se mostra impaciente por poder saír da actual situación xerada polo covid. “Gustaríame mandar unha mensaxe de ánimo. A situación non está sendo doada para moitas familias. Con responsabilidade sairemos desta todos xuntos”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.