22/07/2020

Juanma Marrube dirixirá ao Pescados Rubén a tempada 2020-21

Será o cuarto ano mantendo unha cultura moi definida de traballo e de xogador
Juanma  Marrube dirixirá ao Pescados Rubén a tempada 2020-21

Con dúas décadas de experiencia como xogador e sendo unha gran referencia para a Familia Laranxa, Juanma Marrube asume a súa cuarta tempada á fronte de Pescados Rubén Burela FS para 2020-21. Dedicando unhas palabras, o adestrador asegura que “será o cuarto ano mantendo unha cultura moi definida de traballo e de xogador. Estou moi conteto por esta nova oportunidade dun proxecto continuista”.

Capitaneado pola veteranía de dous baluartes mariñáns, Edu e Matamoros, o equipo laranxa soña con seguir dando pasos na segunda tempada en Primeira División contando con Lucho, Iago Míguez, Álex Diz, Renato, Pitero, Eto’o e Kaluza.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.