06/07/2020

Luci non seguirá en Burela

A ala zurda e o Pescados Rubén Burela FS separan os seus camiños despois de dúas campañas
Luci non seguirá en Burela

A coruñesa Lucía Gómez González non seguirá en Burela tras rematar contrato o pasado 30 de xuño. A ala zurda e o Pescados Rubén Burela FS separan os seus camiños despois de dúas campañas cheas de ledicias colectivas e individuais, non só cos títulos de I Copa da Raíña 2019, Recopa de Milán 2019, Supercopa de España 2019, Copa Galicia ou a liga 2019-20, senón tamén como campioa de Europa coa Selección Española.

Luci, es un exemplo de optimismo e boas vibracións. Con esa filosofía de vida, calquera proxecto que emprendas será un éxito, sen dúbida. A Familia Laranxa deséxache o mellor!

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.