21/05/2020

Pope non continuará nas filas mariñás

Pope non continuará nas filas mariñás

Sergi Orgillés Saiz, Pope, non continuará nas filas mariñás a vindeira tempada. O peche catalán, que remata contrato o 30 de xuño, despídese do Pescados Rubén Burela FS despois de tres tempadas, regresando á estrutura do Palma Futsal, club do que chegou cedido en 2017 para entrar a formar parte do proxecto laranxa pola reconquista da Primeira División.

A familia burelista agradece a gran capacidade de dedicación e sacrificio amosada por Pope ao longo desta fermosa etapa para o fútbol sala mariñán e deséxalle un futuro repleto dos mellores éxitos.

Noticias destacadas

Nun partido tan tolo como igualado, as Guerreiras Laranxas fallan nos penaltis ante un Poio cargado de enerxía.

Na primeira Tarde Laranxa desta tempada, ambos equipos do Pescados Rubén Burela FS se enfrontaron en Vista Alegre ao CD Melistar FS e ao Nueces de Ronda Atlético Torcal.

Un solitario tanto de Dany no segundo tempo bastoulles ás Guerreiras Laranxas para enlazar o seu quinto entorchado nesta competición.