08/05/2020

A Comisión Delegada da RFEF acorda resolver as competicións de fútbol non profesional sen descensos

En todas as categorías arbitrais (fútbol e fútbol sala) correspondentes a competicións que non se poidan completar non haberá descensos de árbitros.
A Comisión Delegada da RFEF acorda resolver as competicións de fútbol non profesional sen descensos

A Comisión Delegada da RFEF, reunida telematicamente na mañá deste venres, aprobou a proposta para resolver as competicións non profesionais que xa foi analizada pola Comisión de presidentes territoriais e a Xunta Directiva, e que establece finalizar as fases regulares das competicións federativas de ámbito estatal sen descensos, así como disputar a fase final ou play-off, no caso de habela, en formato exprés e sen afluencia de público, cun intervalo mínimo de 72 horas entre os partidos, salvo en categorías xuvenís onde se dá por rematada a tempada e se practican os ascensos. Desta forma, o Pescados Rubén Burela FS volverá ter dobre representación na elite, feminina e masculina, en 2020-21, co play-off feminino como horizonte máis inmediato.

Ligazón Proposta da Comisión de Presidentes Territoriais

Esta decisión tomouse tendo en conta a información do Ministerio de Sanidade e do Consello Superior de Deportes e está condicionada á evolución da pandemia e ás recomendaciones destes dous órganos de goberno.

Ligazón RFEF

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.