22/12/2019

Unha goleada para dicir adeus a 2019

Unha goleada para dicir adeus a 2019
O Pescados Rubén Burela FS pechou os compromisos da xornada 15 esta mañá cunha vitoria contundente ante o novel Bilbo FS (2-7), nunha cita na que as locais incluso puideron empatar no inicio da segunda parte.

Malia que non dispuxeron de moito acerto de cara a portería, o dominio das galegas viuse recompensado con 0-2 de Peque e Luci, nos minutos 6 e 14, pero un Bilbo con moito ímpeto conseguiu chegar vivo ao descanso grazas ao tanto de Andrea no 19, nunha perda, e con revulsivo no reinicio con Almu, nun balón dividido. Con todo as burelistas non quixeron especular, deron un paso adiante en intensidade e recuperaron axiña a iniciativa no electrónico, con Jenny Lores, que ampliou a fenda co seu hattrick particular ata o 2-5, no 30 e 34. Ale de Paz, no 36, e Jenny, nos últimos compases, completaron a goleada.

Cilene, campioa de Copa América. A 6 burelista pechou ao grande o periplo en Copa América con Brasil, alzándose co título de campioa o venres ante Arxentina (4-1).

Copa da Raíña para estrear 2020. As Guerreiras estrearán o ano con oitavos de Copa da Raíña, o sábado 4, na pista do Viaxes Amarellle FSF (18.00 horas).

Ficha técnica

Bilbo FS: Jone, Pitxi, Jess, Almu, Andrea, cinco inicial; tamén xogaron Ixoe, Isa, Esti, Elena

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Cristina, Lara Balseiro, Ale de Paz, Jenny Lores, cinco inicial; tamén xogaron Peque, Jenny, Luci, Bea Mateos, Jozi

Goles: 0-1, minuto 6, Peque; 0-2, minuto 14, Luci; 1-2, minuto 19, Andrea; 2-2, minuto 21, Almu; 2-3, minuto 23, Jenny Lores; 2-4, minuto 30, Jenny Lores; 2-5, minuto 34, Jenny Lores; 2-6, minuto 36, Ale de Paz; 2-7, minuto 40, Jenny

Árbitros: De la Hoz Escudero // Herrero Fernández. Por Burela amarela a Bea Mateos (minuto 17), Ale de Paz (minuto 21), Peque (minuto 38).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira División disputado no pavillón San Ignacio

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.