20/08/2019

Presentación dun Torneo Burela Bonita moi solidario

Presentación dun Torneo Burela Bonita moi solidario
O salón de plenos consistorial acolleu esta mañá a presentación da cuarta edición do Torneo de Fútbol Sala Burela Bonita, que reunirá o Palma Futsal e O Parrulo FS, xunto ao Pescados Rubén Burela FS, esta semana, entre o venres 23 e o domingo 25. Vista Alegre presentará o conxunto laranxa de 2019-20 no seu regreso á elite cun cartel de Primeira nun evento que en 2019 tamén terá un fin solidario, destinado á axuda contra o cancro, e contará ademais coa presenza do seleccionador nacional, Fede Vidal.

No acto participaron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, xunto ao presidente e ao vicepresidente da Familia Laranxa, Manuel Blanco e José Luis Sáez, o xogador sénior burelista Renato Lopes e o capitán xuvenil, Heurickson Gomes, ademais de Victoria Rey, representando á Asociación Esperanza contra ou Cancro de Burela, e a presidenta do ANPA Ceip Vista Alegre, Verónica Villamil.

Ao longo de tres días, convivirán na Bomboneira o fútbol sala en categoría sénior e xuvenil, cunha despedida solidaria. “Burela volverá reunir un gran espectáculo deportivo este verán non só da máxima categoría, senón tamén de base, unha das nosas firmes apostas, para que poidan gozan tanto mariñáns como os numerosos visitantes que nestas datas recibe a bisbarra” coincidían en destacar Alfredo Llano e Ramiro Fernández desde o Concello, aplaudindo a vinculación do deporte con fins sociais nesta edición. Desde o club, Manuel Blanco agradeceu o compromiso municipal na continuidade dunha “cita de referencia que reúne o mellor fútbol sala todos os veráns na Mariña, que este ano ademais contará coa presenza do seleccionador nacional na súa xornada inaugural. Xunto a un dos históricos de Primeira e deste torneo, Palma Futsal, este ano poderemos gozar do derbi con O Parrulo, reafirmando por segundo ano consecutivo a proxección das nosas Xoias, en categoría xuvenil”. Victoria Rey e Verónica Vilamil agradeceron o apoio tanto do Pescados Rubén coma do Concello coas súas asociacións e animaron a todo o mundo a gozar da cita e axudar na súa loita contra esta enfermidade.

Domingo contra o Cancro

A solidariedade reinará na última xornada do Burela Bonita, colaborando co ANPA Ceip Vista Alegre, Asociación Española contra o Cancro e a Asociación Esperanza de Burela. A recadación do domingo, co derbi galego entre Pescados Rubén e O Parrulo FS, irá destina integramente para estas entidades. Ademais, Vista Alegre habilitará unha Fila 0 para aqueles/as afeccionados/as que desexen contribuír con algunha outra doazón.

Prezos


Menores de 18 anos: Gratuíto

Entrada diaria: 5 euros/adult@

Abono adult@ (3 días): 10 euros

Venres 23: Palma Futsal-Pescados Rubén Burela FS


17.30 horas: Xuvenil

20.30 horas: Sénior

Sábado 24: Palma Futsal-O Parrulo FS


17.30 horas: Xuvenil

20.30 horas: Sénior

Domingo 25: Pescados Rubén Burela FS-O Parrulo FS


17.30 horas: Xuvenil

20.30 horas: Sénior

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.