19/06/2019

O poder do Torque queda en Burela

O poder do Torque queda en Burela
O domingo pasado, en pleno éxtase de celebración, a gran xesta do Pescados Rubén Burela FS conquistando o título da I Copa de SM A Raíña tamén foi recoñecido pola Asociación Castrexa, coa entrega dunha reproducción dun torque.

O presidente do CNFS da RFEF, Pedro Rocha, e Marta Basanta, por parte da directiva do colectivo, fixeron entrega da xoia, símbolo do poder castrexo e das orixes, do pasado máis ancestral, da vila mariñá.

A Asociación Castrexa está pechando os últimos detalles para unha nova edición da súa Festa, voltando á época castrexa o 28 e 29 de xuño.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.