09/05/2019

Recoñecemento a Jorge, Isaac e Jocel, como campións de España CNFS con Galicia Cadete

Recoñecemento a Jorge, Isaac e Jocel, como campións de España CNFS con Galicia Cadete
Os cadetes burelistas Jorge Quelle, Isaac Regueira e Jocel de Brito foron recibidos esta tarde na sede do club polo fundador de Pescados Rubén SL, Rubén Blanco. O tamén directivo do club quixo recoñecer, no nome de toda a estrutura laranxa e cun pequeño agasallo, o gran traballo dos canteiráns con Galicia quedando campións do Campionato Nacional de Selección Autonómicas da Confederación Nacional de Fútbol Sala, disputado a mediados de abril en Puertollano.

O resto dos combinados irmandiños da CNFS tamén tiveron unha notable representación da base do Pescados Rubén Burela FS, co título de subcampións. En Infantil, Carlos González, Fernando Yanes e Rafa Gomes, e en Alevín con David Gomes e Iago López, alzáronse coa prata tamén en Puertollano. A fin de semana pasada, Aarón Artime, Domingos Xabier Pinto, Adilson Varela, Bruno García, Heuricksson Gomes e Renato Monteiro, xunto a Christian Fustes e Javi Fajardo no corpo técnico, tamén rozaron o título en León.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.