27/04/2019

Pescados Rubén pelexa ata o final en Alcorcón para aferrarse aos tres puntos (1-2)

Pescados Rubén pelexa ata o final en Alcorcón para aferrarse aos tres puntos (1-2)
O Pescados Rubén Burela FS demostrou unha xornada máis que pode con todo, na complicada pista do AD Alcorcón (1-2), nunha cita con gran desgaste físico e gran protagonismo de porterías, sobre todo da local. As Guerreiras Laranxas tiveron que traballar ata o final para aferrarse a tres puntos que as manteñen na pugna pola primeira praza, fronte a un rival que aguantou moi ben durante os corenta minutos cunha presión alta.

As pupilas de Julio Delgado e Lucas encamiñaron a cita axina, xa no minuto 2, cun potente disparo de Dany que entrou baixo paus tras dar no largueiro. Con esta vantaxe e dominando o xogo e a posesión, as mariñás, malia dispoñer de numerosas ocasións, non puideron atopar o gol da tranquilidade. A falta de catro minutos, Alcorcón non se conformaba co resultado e apostou por xogo de cinco e en poucos segundos atopou unha excesiva recompensa, co 1-1, con Aida, que desviou un remate de Vane Sotelo, e ata dispuxo doutra oportunidade a porta baleira. O Pescados Rubén respondeu con porteira xogadora, con rapidez e perigo; así, a falta de 30 segundos para a bucina final, Dany volveu facer acto de presenza para recuperar a máis que merecida vitoria para a cuadrícula laranxa.

Descanso de liga

A liga volverá tomar un descanso, coincidindo co X Torneo Internacional 9 de Maio de Moscova. As galegas regresarán o sábado 11 de maio, en Vista Alegre, con duelo irmandiño, ante o Ourense Envialia FSF.

Ficha técnica


AD Alcorcón FSF: Belén, Isa, Pipi, Irene, Vanesa, cinco inicial; tamén xogaron Nerea, Ana, Cyn, Aida, Balle

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Ba Mateos, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Cilene, Cami, Lara Balseiro

Goles: 0-1, minuto 2, Dany; 1-1, minuto 37, Aida; 1-2, minuto 40, Dany

Árbitros: Arquero Jordán // Manso Martín. Por Alcorcón amarela a Nerea (minuto 30)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 26 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Los Cantos.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.