09/03/2019

Manzanares non sorprende o líder

Manzanares non sorprende o líder
O Pescados Rubén Burela FS non se deixou sorprender na complicadísima pista do Manzanares FS Quesos El Hidalgo (3-5). Os pupilos de Juanma Marrube tiveron que facer fronte a un partido duro e esixente no que os locais saíron mellor, pero a boa reacción dos galegos outorgoulles táboas en dúas ocasións e así puideron conseguir ir medrando na segunda parte.

Manzanares saltou á pista coas ideas máis claras. No minuto 4, Pepe aproveitou unha recuperación para subir o 1-0. Con todo, co paso dos minutos, o Pescados Rubén puido atoparse mellor e o gol de Pope, no 12, tivo moito que ver. Tras o tempo do descanso, repetiuse o guión inicial aínda que os mariñáns non se permitiron deixar pasar tanto tempo; no 23 Nacho Gil puxo o 2-1, de estratexia, ao que respondeu Renato segundos despois, tras saque de banda. Cunha cita máis equilibrada, os laranxas gañaron en soltura, dinamismo e sobre todo ocasións. Juanfran, no 33, anotou no rexeite de córner, e Joseltio, no 35, ao segundo pau. Na recta final, tocoulles tirar de coraxe aos de Juanma Marrube fronte ao xogo de cinco local; Nacho Gil acurtou no último minuto pero case sobre a bucina aí estaba Hélder para recuperar e marcar o definitivo 3-5 a porta baleira.

Ficha técnica TRONG>
Manzanares FS: Dani Juárez, Kiki, Manu Diz, Nacho Gil, Pablo Mel, cinco inicial; tamén xogaron Chin, Jorge Salcedo, Otero, Pepe, Hicham, Blecua

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Loito, Renato, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Juanfran, Pope, Joselito, Luisma, Matamoros

Goles: 1-0, minuto 4, Pepe, 1-1, minuto 12, Pope; 2-1, minuto 23, Nacho Gil; 2-2, minuto 23, Renato; 2-3, minuto 33, Juanfran; 2-4, minuto 35, Joselito; 3-4, minuto 40, Nacho Gil; 3-5, minuto 40, Hélder

Árbitros: Hidalgo Marín // Martínez Martínez. Por Manzanares amarela a Pepote (minuto 16), Kiki (minuto 16) Chin (minuto 36), Jorge Salcedo (minuto 36). Por Burela amarela a Renato (minuto 30)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 de Segunda LNFS disputado no municipal de Manzanares.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.