23/10/2018

Os usuarios da Fundación Eu Son e de Camiña xa teñen os seus abonos

Os usuarios da Fundación Eu Son e de Camiña xa teñen os seus abonos
Bea Mateos, Lara Balseiro, Iago Míguez e Luisma visitaron esta semana os usuarios da Fundación Eu Son e da Asociación Camiña de Burela para facer entrega dos novos abonos.

Os representantes do Pescados Rubén Burela FS foron recibidos na instalacións de Eu Son en Burela, entidade que presta servizos a persoas adultas con discapacidade intelectual da comarca da Mariña. Os catro burelistas agradeceron o apoio deste colectivo e invitarónos a seguir presenciando e animando nas citas desta nova tempada, ademais de falar de partidos e de ídolos en fútbol sala e fútbol.

Integradas na colaboración que o club mariñán mantén con Eu Son e Camiña dende hai tempadas, tamén figuran varias actividades conxuntas de promoción de fútbol sala. Nas próximas semanas, as tres entidades volverán reunirse para divertirse arredor do balón sobre o parqué de Vista Alegre.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.