09/08/2018

O Pescados Rubén Burela FS aplicará un convenio colectivo ás súas xogadoras

O Pescados Rubén Burela FS aplicará un convenio colectivo ás súas xogadoras
No seu traballo incansable pola igualdade no fútbol sala desde a base ata os equipos profesionais, o Pescados Rubén Burela FS aplicará un convenio colectivo ás xogadoras de Primeira RFEF en 2018-19.

O club que dirixe Manuel Blanco conta cunha traxectoria de varios anos profesionalizando os contratos das súas xogadoras, cuxas cláusulas sempre se contemplaron desde a condición de deportista, sen diferenciar o sexo. Agora, o Pescados Rubén Burela FS dá un paso máis; decidiu negociar un convenio colectivo coas súas xogadoras profesionais, amparado polo concurso da Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino partindo do acordo xa existente para o fútbol sala masculino, selado entre a Liga Nacional de Fútbol Sala e a Asociación de Xogadores de Fútbol Sala, e axeitándoo á realidade e necesidades do deporte feminino.

As negociacións coa AXFSF e as capitás do equipo burelista iniciaranse nos próximos días co fin de concretar os termos do devandito convenio.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.