25/05/2018

Matamoros e Lucho, primeiras caras do Pescados Rubén 2018-19

Matamoros e Lucho, primeiras caras do Pescados Rubén 2018-19
O Pescados Rubén Burela FS xa está inmerso en novos horizontes. Coa renovación do pivote Jorge Valhermoso Matamoros ata 2021 e a chegada do peche Luis López García, Lucho, desde o Levante UD, o equipo laranxa de Segunda LNFS 2018-19 comeza a tomar forma con cimentos sólidos e perseguindo grandes soños.

Lucho (Lugo, 1989) recalará na Mariña tras dúas tempadas no conxunto levantino de Primeira LNFS, tras o seu paso por entidades galegas de referencia no futsal de elite como Muebles Caloto (2005-06) e Lobelle-Santiago Futsal (2006-15), ademais de Aspil Vidal Ribera Navarra (2015-16). Pola súa banda, o máxico 10 cumprirá co novo exercicio a súa sétima tempada defendendo a camisola laranxa como baluarte indiscutible do vestiario.

Xunto a Matamoros e Lucho, o Pescados Rubén Burela FS tamén contará coa presenza dunha das Xoias Laranxas, Renato Lopes, con contrato en vigor para as tres próximas tempadas

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.