17/05/2018

Renato: 'O play off en Vista Alegre será emocionante'

Renato: 'O play off en Vista Alegre será emocionante'
Ao longo da semana xa o confesaron os capitáns, Edu e Matamoros, Pope, Juanma Marrube... e hoxe tamén se suma unha das Xoias Laranxas, Renato Lopes. “O play off en Vista Alegre será moi emocionante’ aseguraba o canteirán, que vivirá mañá a súa primeira fase de ascenso na Bomboneira, ás 21.00 horas, fronte ao Real Betis Futsal. A cita poderá seguirse en directo por www.lnfsdirecto.es.

“Estou seguro de que será unha sensación moi bonita, co apoio de Vista Alegre. Tan só agardo poder demostrar onde temos que estar” advertía o 12 burelista, na aposta unánime de igualar a primeira eliminatoria de play off co apoio da Mariña e da Bancada Laranxa: “En Sevilla non estivemos finos no noso xogo; eles aproveitaron un par de erros nosos e despois complicóusenos todo, aínda que estivemos en todo momento no partido” puntualizaba Renato, facendo referencia aos problemas de saída de balón, pero tamén á solidez defensiva e incidindo na estratexia e na finalización rápida como tarefas desta semana.

“Espero que Vista Alegre estea repleto, espero sentir o apoio dos meus amigos e toda a bancada” confesaba Renato, lembrando o ambiente dos play offs dende a perspectiva tan só dun neno que quería xogar ao fútbol sala e soñaba con estar algún día na pista. Pois ben, ese día xa é moito máis ca unha realidade.

O cadro de Juanma Marrube rematará a preparación para a gran batalla esta tarde, ás 17.30 horas; se non hai cambios de última hora os efectivos estarán dispoñibles ao completo. Ás 19.00, adestrará o Betis Futsal.

Festa Laranxa

Dende as 19.00 horas, Vista Alegre acollerá Festa Laranxa para ir quentando motores co mellor ambientazo. Os afeccionados/as poderán coller forzas para gozar da emoción do play off, adquirindo exquisitas racións de polbo do Carballiño, acompañado con pan de Cea.

Estará prohibido o acceso de vehículos ás proximidades do pavillón, por motivos de seguridade.

Venda anticipada

A venda anticipada de entradas estará dispoñible tamén o venres pola mañá, de 10.00 a 14.00 horas. A taquilla estará aberta dende as 20.00 horas: non soci@s adult@s 10 euros, soci@s adult@s 5 euros, menores de idade 2 euros.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.