27/04/2018

Edu: 'Queremos o factor cancha nas dúas eliminatorias'

Edu: 'Queremos o factor cancha nas dúas eliminatorias'
“Temos que gañar si ou si para poder ter o factor cancha nas dúas eliminatorias, en caso de pasar a primeira. Por iso temos que ir por todas” advertía o capitán do Pescados Rubén Burela FS, Edu, en vésperas da última xornada de liga regular, mañá (18.00 horas) no derbi co Noia Portus Apostoli.

“Os derbis sempre son diferentes, a motivación sempre iguala os partidos. Creo que vai ser un encontro complicado; o Noia, aínda que estea descendido, vai ter a soltura e a liberdade de non xogarse nada, de querer gañar diante da súa xente o último partido en Segunda. Pero nós por equipo e por clasificación somos superiores e temos que conseguir a vitoria” incidía así o naronés na importancia dos tres puntos para manter o liderado de play off e a vantaxe con Puertollano, 1 punto por detrás dos intereses dos laranxas.

O play off aínda queda lonxe; aínda non hai quinielas. “O importante é Noia e despois o que nos toque benvido sexa. Saberémolo o sábado e despois teremos 15 días para preparar o partido” dicía Edu, co primeiro encontro previsto para a fin de semana do 12 de maio a domicilio.

Non estará na lista de Juanma Marrube para mañá Chus, que cumprirá o partido de sanción tras a expulsión da semana pasada; entrará o ala-peche xuvenil Adilson.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 15. Adilson, 20. Héctor

‘Gustaríame xogar o título contra O Parrulo’

“É unha competición bonita, coa novidade apetecible de ser fase final completa. Pelexaremos por gañarlle ao Esteo FS para loitar na final” adianta Edu, da Copa Galicia de Ferrol, con semifinais o luns 30 e final o martes 1. “O Parrulo é o equipo dos meus inicios no fútbol sala e por iso me gustaría xogar contra el o título” confesaba o 1 burelista as súas preferencias no duelo entre o anfitrión e o Santiago Futsal da outra semifinal.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.