Gustavo e Nicholas, camiño do Nacional Sub-16 de Seleccións
Os cadetes laranxas Gustavo Henrique Marchesan e Nicholas López xa van camiño da fase previa do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-16. Os xogadores do Pescados Rubén Burela FS defenderán a Selección Galega en Murcia, entre mañá e o domingo, na pelexa por un billete para a final.
Ceuta, Madrid e o combinado anfitrión serán os rivais a bater.
Venres 15 de decembro (Municipal de Serrerías, Molina de Segura)
17.00 horas: Ceuta-Madrid
19.00 horas: Rexión de Murcia-Galicia
Sábado 16 de decembro (Municipal de Serrerías, Molina de Segura)
17.00 horas: Rexión de Murcia-Madrid
19.00 horas: Ceuta-Galicia
Domingo 17 de decembro (Municipal Francisco de Goya, Molina de Segura)
10.15 horas: Galicia-Madrid
10.15 horas: Rexión de Murcia-Ceuta
Adestramentos con Sub-21 Feminino e Sub-19
O de Sub-16 non foi o único chamamento de seleccións desta semana. Volveu adestrar Judith con Galicia Sub-21, o martes, na Coruña, e onte foi a quenda dos xuvenís Luismi e Nito, en Noia.
A fase previa de Sub-19 será os días 13 e 14 de xaneiro; Castela A Mancha (anfitrioa), Canarias e Ceuta serán as súas rivais na loita polo pase á fase final. A de Sub-21 disputarase en Galicia o 27 e 28 de xaneiro, con Navarra e Comunidade Valenciana como rivais no Grupo C.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas