O derbi Burela-Noia (sábado 23 de decembro) regalará unha cesta valorada en 1200 €
O Pescados Rubén Burela FS pechará a primeira volta de Segunda LNFS e 2017 en Vista Alegre con dobre premio o sábado 23 de decembro (18.30 horas), coa emoción de derbi con Noia Portus Apostoli FS e o sorteo dunha cesta de benvida de Nadal valorada en 1.200 euros.
O club laranxa xa entregou rifas á afección nos dous últimos encontros en Vista Alegre e dende hoxe os xogadores visitarán os establecementos colaboradores para repartir máis entre a clientela. Edu e Hélder foron os encargados de abrir a xira esta mañá na cafetería Vista Alegre; ata o venres 22 tamén estarán na Parrillada de Jandro, Espacio Lector Nobel, Resort Thalasso Las Sirenas (Viveiro), Bodega O Lagar, Alain Afflelou Burela, Talleres Harauto, Foto Sergio, Electrodomésticos Quelvi e Living Sport (Foz).
Apetéceche recibir un agasallo de Nadal adiantado? Tan só tes que ir ao derbi do día 23 cunha rifa para acceder ao sorteo que se realizará durante o descanso do encontro.
O Pescados Rubén Burela FS irá descubrindo todos os produtos da cesta en redes sociais. Comezamos cun televisor.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas