27/10/2017

Juanma: 'Todo imos ter que ser importantes porque Rivas nos esixirá moito'

Juanma: 'Todo imos ter que ser importantes porque Rivas nos esixirá moito'
O Pescados Rubén Burela FS desprazarase á pista de Rivas Futsal este domingo para disputar a 7ª xornada de Segunda LNFS (12.30 horas). “Todos imos ter que ser importantes porque será un rival que nos esixa moito” advertía o técnico mariñán, Juanma Marrube, dun rival que espera os laranxas nunha excelente dinámica.

Os burelistas loitarán por defender a segunda praza (12 puntos) fronte ao sexto clasificado, con tan só 1 punto de diferenza. “Estamos traballando na mesma tónica, con moita tranquilidade e sabendo que estamos facendo as cousas ben” explicaba Juanma Marrube tras ver escapar o liderado e o empate ante Barcelona a semana pasada no último segundo: “Temos 12 puntos; ese punto creo que teremos opción de recuperalo ao longo da tempada e na cancha de Rivas pode ser moi boa opción” valoraba con optimismo o adestrador alfocense, recoñecéndose tamén moi consciente da complexidade do desafio da próxima xornada: “É unha pista moi complicada. Independentemente da súa boa traxectoria en Copa do Rei, coa clasificación para cuartos de final, é un equipo que vende moi cara a vitoria na súa pista. Para nós é un reto; é unha cancha que tes marcada porque é unha das máis difíciles” falaba así do Rivas Juanma Marrube, dun equipo que só cedeu puntos con Barcelona (4-1) e Antequera (6-6) a domicilio e Puertollano (2-2) na casa.

“Para nós non é unha sorpresa. É un equipo de calidade que leva tempo traballando xunto, con xente nova e dinámica, e moi agresivo na súa casa. Espéranos un partido moi complicado” incidía o burelista.

Regreso de Kelson

Logo dunhas semanas na enfermería, Kelson regresou a semana pasada á competición fronte ao Barcelona B con bo sabor de boca: “Sentinme ben, aínda que un pouco canso con só unha semana de traballo de grupo; as sensacións foron boas” explicaba o pivote brasileiro, coincidindo co técnico en destacar a fortaleza do rival: “O domingo contra Rivas espero estar un pouco mellor. Sabemos que é un equipo forte e rápido; imos concienciados de que temos que sufrir para saír co resultado positivo” aseguraba o 20 laranxa.

A expedición laranxa partirá mañá ás 14.00 horas.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 4. Víctor, 5. Hélder, 6. Luisma, 7. Chus, 9. Colacha, 10. Matamoros, 11. Cora, 12. Renato, 13. Álex, 14. Pope, 20. Kelson

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.