30/09/2017

Pescados Rubén, líder de Primeira tras vencer a UCAM (4-2)

Pescados Rubén, líder de Primeira tras vencer a UCAM (4-2)
Tres de tres, sen erro. O triunfo do Pescados Rubén Burela FS desta tarde en Vista Alegre fronte a UCAM ElPozo Murcia (4-2) dálle o liderado en solitario ás laranxas, tras o empate entre Ourense Envialia FSF e Móstoles FSf (1-1). “O equipo traballou moito ante un rival moi guerreiro e dinámico, que veu defender a 30 metros, non deixou de correr e con moita mobilidad que nos obrigou a ter un gran despregue. Fixemos unha primeira parte moi boa e un bo final; co xogo de cinco puxéronnos a cousa complicada pero nós tamén tiñamos ben traballada esa arma”, explicaba Julio Delgado ao remate.

Cilene abriu o marcador no minuto 12, desde fóra da área, tras parede con Dany. Segundos despois, as mariñás dispuxeron doutra boa chegada, que freou Cristina coas mans. A sintonía entre Judith e Tai non funcionou no 17, cun gran pase da brasileira que despexou Cristina cando a rozaba a 15. Con todo, si o fixo no 18, iniciando o que sería o 2-0; Tai serviulle a Dany un balón longo de Judith, que a 3 laranxa sentenciou tras repelerla o pau en tentativa de costas.

Volveron os equipos á pista con cambio de protagonistas baixo paus, a laranxa Jozi e a levantina Sonia. Antes de cumprirse o primeiro minuto, as burelistas xa avisaron e volveu facelo Cilene no 24; antes, Toñi protagonizara unha perigosísima tras galopada de Cristina. Despois da ocasión da 6 laranxa, o UCAM enfundou a Noelia na camisola de porteira-xogadora; foi a 16 visitante precisamente a que reduciu as distancias a poucos segundos, materializando desde os 6 metros, tras falta de Sara Correia. Cobrou entón un punto de tolemia o encontro, con boas ocasións das galegas. No 28, o Pescados Rubén recuperou certa serenidade con xogo de cinco no minuto 28. Julia asinou o 3-1 no 35, a pase de Lara, pero de novo a estratexia de porteira xogadora deulle ás ao UCAM, co 3-2, de Lola. Bea Mateos liderou, unha vez máis, a ofensiva das locais de cinco e asistir a Tai no 4-2 (minuto 37). A falta de 38 segundos aínda tiveron o quinto as de Julio Delgado e Lucas.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cilene, Bea Mateos, Julia Forsiuk, cinco inicial; tamén xogaron Tai, Lara, Sara Correia, Judith, Jozi

UCAM ElPozo Murcia FSF: Cristina García, Cristina Pérez, J. Weckerle, Noelia, Rocío, cinco inicial; tamén xogaron Sara, Gloria, Toñi, Hinako, Lola, Sonia

Goles: 1-0, minuto 12, Cilene; 2-0, minuto 18, Dany; 2-1, minuto 24, Noelia; 3-1, minuto 35, Julia; 3-2, minuto 35, Lola; 4-2, minuto 38, Tai

Árbitros: González Alvedro (A Coruña) //Coello Martínez (A Mariña). Por Burela, amarela a Lara. Por UCAM amarela a Gloria, J. Weckerle

Incidencias: Partido da terceira xornada de Primeira División RFEF disputado en Vista Alegre, ante uns 400 afeccionados/as. Minuto de silencio inicial polo falecemento do concelleiro de Protección Civil e Sanidade de Burela, Ramón Vázquez Andrade.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.