27/06/2017

Jozi:'O Burela de 2017-18 será un bloque forte'

Jozi:'O Burela de 2017-18 será un bloque forte'

A gardameta Joziane de Oliveira cumprirá a súa novena tempada no Pescados Rubén Burela FS. A internacional brasileira formalizou a continuidade na Mariña acompañada polo presidente da entidade, Manuel Blanco, e o directivo, Luís Guillén: “Será un Burela forte. Contamos que outras compañeiras renoven para manter o bloque; esperamos tamén que veña algún reforzo para mellorar aínda máis o equipo”, explicaba Jozi, a terceira renovación do conxunto laranxa, tras Cilene e Ana Romero.




A experimentada porteira, que compartiu responsabilidades na capitanía con Bea Mateos, volverá ser unha referencia na escuadra: “Había interese por ambas as partes. A miña primeira opción sempre foi Burela e o club púxomo doado”. “Este ano xa acabou e agora toca de novo traballar e aspirar a máis” confesaba así Jozi as súas metas para a próxima campaña: “Podiamos repetir o título de liga, ser campioas de España…”, pensaba en voz alta e sorrindo a meta: “Este foi un ano de transición, pero o Burela e a afección merecen máis e o próximo ano por que non gañar títulos” reflexionaba Jozi.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.