13/06/2017

Cilene: 'Espero mellorar o próximo ano, buscando títulos'

Cilene: 'Espero mellorar o próximo ano, buscando títulos'

A brasileira Cilene Pereira Paranhos continuará no Pescados Rubén Burela FS en 2017-18. A peche, acompañada polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e pola vicepresidenta, Cesarina Fanego, mostrouse moi contenta pola súa continuidade: “Persoalmente foi unha tempada moi boa e espero mellorar para o próximo ano, buscando títulos. A negociación foi moi doadal; tanto o club coma min tiñamos claro o que queriamos e decidimos renovar por unha tempada” explicaba a 16 laranxa.



Tras a súa primeira experiencia deportiva lonxe do Brasil, Cilene aposta por seguir medrando no fútbol sala español: “Foi difícil estar lonxe da familia pero, aos poucos, foi máis doado, tiven a visita do meu marido, e agora xa estou totalmente adaptada; espero facer un ano mellor”, explicaba a canarinha humildemente, cos 30 partidos de liga disputados, 23 deles como titular, e 17 dianas na súa cuadrícula particular, que a colocaron como a segunda máxima goledadora laranxa.



Desde a directiva, Manuel Blanco e Cesarina Fanego aplaudiron a renovación de Cilene como “unha garantía na solidez do proxecto de Pescados Rubén”. “Cilene soubo adaptarse á perfección á filosofía do club, demostrando o seu gran nivel tanto defensiva coma ofensivamente” encomiaba así o traballo da brasileira o presidente laranxa incidindo na aposta da entidade polo equipo feminino: “Seguiremos apostando polo fútbol sala feminino, baseándonos no proxecto actual e traballando en incorporacións de calidade”.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.