09/06/2017

O peche Víctor López regresa a Burela

O peche Víctor López regresa a Burela

Víctor López Real (Madrid,1987) regresará ao fútbol sala español co Pescados Rubén Burela FS para 2017-18. O peche de 29 anos, que xa defendeu a camiseta laranxa en 2011-12, chegará á Mariña procedente do italiano Cagliari Futsal, logo dunha enriquecedora traxectoria nacional e internacional.



“Teño que dar as grazas á directiva e a Juanma por darme a oportunidade de volver a España; tiña moitas ganas de regresar” explicaba Víctor López, entusiasmado co proxecto burelista: “Temos que ir aos poucos, paso a paso. É un gran cambio de equipo e categoría, pero estou seguro de que nos adaptaremos á perfección para que todo saia ben” concluía o madrileño, que será presentado oficialmente nas próximas semanas.



Tras o seu paso por Galicia, Fisiomedia Manacor (2012-13), Gyor Raba Eto (2013-14) en Hungría, Al Yarmouk en Kuwait (2013-14), Cagliari Futsal (2014-15, 2016-17), DLink Zaragoza (2015-16) e Plásticos Romero Cartagena FS (2015-16) completan a súa experiencia futbolística ata a data.



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.