Tomás de Dios: 'Para nós é unha obriga pasar á final e imos xogar con Prone ao 120%'
“Historicamente o equipo masculino nunca conquistou a Copa Xunta e para nós é moi importante como club. Para nós é unha obriga pasar á final e imos xogar este partido ao 120%” así de contundente se amosaba Tomás de Dios en vésperas da cita de semifinais de Copa Galicia, que medirá o Pescados Rubén Burela FS ao Prone Lugo AD, de Segunda División (mércores 8, 21.00 horas, pavillón municipal de Lugo).
ste será o segundo compromiso de De Dios na traxectoria irmandiña á fronte dos burelistas; en cuartos o Pescados Rubén impúxose ao Cidade de Narón por 1-2. A cita con arrecendo a derbi provincial chega nun bo momento para os da Mariña, tras romper a mala dinámica da liga e nunha semana sen axenda de competición regular en Primeira: “É un partido que nos axuda porque seguimos competindo, nunha semana sen liga, pola Copa de España, aínda que preparalo en dous ou tres adestramentos, como temos, é un pouco máis complicado”, explicaba o técnico laranxa, facendo referencia “á defensa, non na de inferioridades senón na posicional” como a clave para coarse na final e advertindo da dificultade dunha cita a un só partido e lonxe de Vista Alegre: “Xogar fóra da casa sempre implica unha complexidade engadida e máis cando é unha competición de eliminatoria, independentemente da situación de liga y da categoría na que xogue o rival”.
A última vez que se viron as caras lugueses e burelaos foi esta tempada, na primeira eliminatoria da Copa do Rei, con 3-5 a favor dos da costa.
O cadro mariñán realizará esta tarde, ás 19.30 horas, o último adestramento antes da cita copeira.
Noia FS-Santiago Futsal. O outro billete para a final decidirase o xoves, ás 21.00 horas, entre o Noia FS e o Santiago Futsal.
Convocatoria provisional Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder, 31. José Carlos
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas