03/02/2017

O Pescados Rubén repite parada nos Remedios, coa liga en TVG2

O Pescados Rubén repite parada nos Remedios, coa liga en TVG2

O Pescados Rubén Burela FS repite esta semana parada no pavillón ourensán dos Remedios arrancando a segunda volta de Primera RFEF con arrecendo galego e ante a mirada de TVG2 (sábado 4, 20.00 horas). Tras despedirse da Copa Galicia en semifinais co Ourense Envialia (6-0), as laranxas veranse as caras co outro apeado da cita irmandiña, o Cidade das Burgas, que caeu co Poio Pescamar (4-0). Fuxindo deste sabor amargo, ambos os conxuntos chegan en postos de Copa de España para poñer máis emoción ao derbi;  9 puntos avantanxan a cuarta praza burelista (33 puntos) da sétima local (24 puntos).



“O equipo está doído pola derrota de Copa pero se traballamos ben todo pode saír adiante. Esperamos ir con forza e ganas e que nos saia un bo partido para seguir loitando en liga e chegar o máis alto posible”, explicaba a benxamina do equipo, Sofía Vázquez,  confiando en retomar a boa dinámica de 2017 na competición regular. A 17 laranxa e as súas compañeiras tomaron boa nota da mensaxe do corpo técnico para ir a por todas o sábado: “Lucas e Julio dixéronnos que tiñamos que poñer máis ganas, traballar máis no día a día e competir. Se xogamos como sabemos será un partido moi bonito e incluso con espectáculo de goles, coma o de Vista Alegre” facía así referencia a ribadense á cita da primeira volta, con 7-4 para as mariñás.



Con tan só 16 anos, Sofía xa está recollendo os froitos do seu traballo e dedicación polo fútbol sala, con 10 partidos en Primeira e cada vez con máis presenza nas rotacións laranxas: “Esperaba xogar moito menos do que o estou facendo pero vexo que con esforzo podo ir gañando minutos”, explicaba tímidamente a ala burelista.



Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira
 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.