21/10/2016

Sen confianzas ante o pechacancelas

Sen confianzas ante o pechacancelas

O Pescados Rubén-Burela FS afronta mañá a sétima xornada en Vista Alegre (18.30 horas) co FSF Rioja, que recala na Mariña como farol vermello de Primeira RFEF, con 1 punto. “O noso obxectivo é seguir sumando e avanzando semana a semana no xogo pero mañá non podemos confiarnos, porque o Rioja é un rival complicado de gañar aínda que non lle están indo ben as cousas neste inicio” advertía o técnico laranxa Lucas, na busca da cuarta vitoria consecutiva.



As rioxanas tan só puideron rañar algo na casa, fronte ao novel Leganés Masdeporte (1-1) na segunda xornada, con derrotas ante Ourense Envialia (1-0), Móstoles (5-0), Alicante (2-7), Roldán (8-1) e Gironella (1-3). Malia os resultados, o equipo de Carlos Moreno saltará ao parqué da Bomboneira mantendo un bloque que a tempada pasada xa non lle puxo as cousas doadas ás laranxas. “Na casa gañamos con 2-1, sufrindo e recorrendo á porteira xogadora. De Logroño temos moi ben recordo porque conseguimos alí o título de liga pero tamén foi moi rifado” reflexionaba así o adestrador focego sobre os últimos enfrontamentos coas rioxanas.
 
O tándem de Lucas e Julio non terá novidades na convocatoria. Shiori e Paula chegan con molestias.



 
Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira



Convocatoria FSF Rioja: 1. Jesi, 2. Cris, 5. Gloria, 6. Carmen, 7. Patri, 8. Ainhoa, 10. Carro, 11. Nahia, 12. Silvia, 24. Sandra



 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.