15/10/2016
Vitoria do Pescados Rubén en Rubí con goles de Lara e Cilene
Vitoria do Pescados Rubén Burela pola mínima (1-2) na súa visita á cancha do Sportiu Rubí FSF onde sufriu nos minutos finais máis pola incerteza do marcador que polo perigo xerado polas locais. Empezou enchufado o conxunto dirixido por Iván Cao que no primeiro minuto abriu o marcador tras unha bonita xogada de estratexia á saída dun córner que Lara finalizou con acerto. O 0-1 foi un revés para a escuadra catalá que plantexou o encontro cunha defensa pechada e á espera dun erro burelista para intentar algún contragolpe. Ao pouco tempo chegou o segundo gol mariñao, esta vez con Cilene como protagonista ao culminar unha boa acción colectiva. Co 0-2 o Pescados Rubén tomouse un lixeiro respiro aínda que levou a iniciativa do xogo en todo momento. A escuadra catalá apenas inquietaba a meta defendida por Jozi mentres que as burelistas acumulaban ocasións erradas para aumentar a súa renda. Ao descanso chegouse co 0-2 e na continuación tras un intercambio de golpes o Rubí recortou distancias por mediación de Domi que culminou unha xogada ao pivote do seu equipo. O 1-2 xerou certo desconcerto momentáneo nas filas laranxas que se contaxiou do ritmo lento proposto polo Rubí, as locais afianzáronse no seu guión para atopar o contragolpe que lle guiase ao empate. O Pescados Rubén non lograba rematar ao seu rival malia as ocasións xeradas e o choque entrou no tramo final cun emocionante 1-2. O Rubí intentouno con máis ganas que acerto ante a ordenada defensa mariñá e o marcador permaneceu impasible (1-2) ata o pitido final. Ficha técnica Sportiu Rubí FSF: Nerea, Tosti, Alba, Gisela, Domi –cinco inicial- Ana, Arantxa, Gloria, Laia, Marta, Ainoa. Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Lara, Bea Mateos, Cilene –cinco inicial- Shiori, Judith, Elvira, Silvia, Sofía. Goles: 0-1, m.1, Lara; 0-2, m.4, Cilene; 1-2, m.23, Domi. Árbitros: Marc Bastidas, Víctor Pasamontes. Cartón amarelo a Domi y Gisela del Rubí FSF. Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Primeira División, disputado no pavillón municipal La Llana de Rubí.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas