29/09/2016

O Pescados Rubén buscará dar a sorpresa esta tarde na pista do Navalcarnero

O Pescados Rubén buscará dar a sorpresa esta tarde na pista do Navalcarnero

O Pescados Rubén Burela FS buscará dar a sorpresa esta tarde na pista do poderoso Atlético de Madrid Navalcarnero (20.30 horas, La Estación), recuperando a 2ª xornada, aprazada polo falecemento de ex–burelista Marcelo Santoro, Neco. “Sabemos que será moi complicado, o Atlético ten un equipo que se coñece moi ben, de calidade intratable, e nós aínda estamos  formación pero darémolo todo e esforzarémonos ao máximo” advertía Shiori Nakajima, unha das referencias en experiencia da escuadra mariñá.



A xaponesa regresou á pista, e de laranxa, no inicio de liga ante o Cidade das Burgas despois de estar afastada uns nove meses por unha lesión de xeonllo coa selección nipona durante o Campionato Mundial de Guatemala. “O meu principal desexo era recuperar sensacións sobre a pista e facelo fóra do Xapón; a oportunidade de seguir en Burela para min era a mellor” explicaba a 18 burelista, exultante coa  súa volta e moi afanada en volver a ser a de sempre: “Non estou ao cento por cento, pero cada día vou mellorando. Estou moi cómada, con xente nova e veterana, traballando nun equipo cada vez máis competitivo” concluía Shio.



A expedición ten previsto chegar sobre as 18.30 ao seu destino.



Convocatoria: 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 9. Sabela, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira



Sábado 1, 4ª xornada. O equipo laranxa quedará en Madrid para disputar  a xornada 4 o sábado, ás 20.00 horas, fronte a Afar Majadahonda FSF (La Granadilla).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.