23/08/2016

Grupo Vega, autocares oficiais do Burela FS Pescados Rubén

Grupo Vega, autocares oficiais do Burela FS Pescados Rubén

O CD Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo co Grupo Vega como “autocares oficiais” da entidade para a tempada 2016-17. O presidente laranxa, Manuel Blanco, recibiu o xerente da empresa asturiana, Israel Vega, na sede do club para formalizar a devandita colaboración.



Máis de 40 anos de experiencia no sector avalan a profesionalidade da firma que se responsabilizará dos desprazamentos por toda España tanto dos equipos laranxas de Primeira División como da base na campaña que está a piques de arrincar. “Depositamos a nosa confianza nunha empresa que reúne experiencia, calidade e seguridade cos mellores servizos para garantir a tranquilidade e o descanso dos nosos xogadores e xogadoras” explicaba Manuel Blanco. Pola súa banda, o xerente da empresa asturiana destacou a súa traxectoria na parcela deportiva e os beneficios do acordo co Pescados Rubén: “No Grupo Vega sempre tivemos arraigamento con equipos e entidades deportivas; o acordo co CD Burela FS Pescados Rubén é un paso adiante para afianzar proxectos con clientes de referencia” explicaba Israel Vega, agradecendo a confianza da entidade laranxa e incidindo na súa nova aposta polo transporte na Mariña como “unha zona moi próxima ao lugar de orixe da nosa empresa, pola que temos moito apego porque a nosa familia a visitou durante toda a vida”.



Toda a información sobre o Grupo Vega en www.grupovega.info/




 

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.