Segovia e o Triangular de Imdecum, entre as citas do Futuro Laranxa
Como toda unha tradición xa na Semana Santa, o Futuro Laranxa participará no IV Torneo Ciudad de Segovia na categoría cadete e no Triangular da Fundación Imdecum en prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Tamén continuará rodando o esférico na Liga Primavera.
Os máis maiores da escola burelista regresarán a unha das palestras de máis renome da base española entre mañá e o sábado xunto a DLink Zaragoza, Las Rozas Boadilla, Nueva Elda, O Parrulo FS, Palma Futsal, Ribera Navarra FS, CD Salamanca, Naturpellet Segovia, Unión Segovia FS. O conxunto de Christian Fustes compartirá o Grupo 1 con Nueva Elda, Las Rozas Boadilla, Palma Futsal e Naturpellet Segovia.
No Triangular de Semana Santa 2016 da Fundación Imdecum, os equipos laranxas saltarán mañá á pista do pavillón burelao de Vista Alegre con ACD Xove, ED Alfoz e Castrelo FS, nunha intensa xornada que se clausurará ás 20.45 horas.
Consulta todos os partidos no documento adxunto
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas