11/03/2016

O Burela Pescados Rubén recibe ao Majadahonda FSF Afar4 en Vista Alegre

O Burela Pescados Rubén afronta a vixésima xornada de Primeira División ante o Majadahonda FSF Afar4 que chega a Vista Alegre con ganas de dar a sorpresa tralo seu triunfo na casa do Cidade As Burgas. O duelo dispútase o sábado 12 a partir
O Burela Pescados Rubén recibe ao Majadahonda FSF Afar4 en Vista Alegre
A escuadra burelesa debe sumar tres novos puntos para manter o ronsel do Futsi, líder con 52 puntos, que se mide no seu feudo ao Rioja FSF. As burelesas non deben pecar de exceso de confianza polo que o seu técnico reclama “moita concentración e xogar ao noso mellor nivel para evitar que o Majadahonda medre e nos complique a vitoria. Gañaron no feudo do Cidade As Burgas así que temos un precedente claro do seu perigo si non facemos ben as cousas”.

Convocatoria

CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany 5. Claudia 7. Peque 10. Lara 11. Ceci 13. Andrea 14. Bea Mateos 17. Maite 31. Eva 25. Silvia

Baixas: 1. Jozi, fractura do cúbito e radio do brazo esquerdo. 8. Emma, operada de rotura de ligamento cruzado anterior no xeonllo esquerdo 18. Shiori, operada de rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito. 9. Gaby, esguince no xeonllo dereito. 15. Judith, forte contractura no cuádriceps.

Majadahonda FSF Afar4: 1. Laura Fernández 7. Arantxa de la Chica 9. Elena Mateo 12. Peque 13. Sofía 14. Gabriela Molina 16. Celia Rodríguez 17. Marta Rodríguez 33. Mónica Vergara

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.