10/03/2016

Guadalaxara tamén abre as súas portas ao Futuro Laranxa

Guadalaxara tamén abre as súas portas ao Futuro Laranxa
A Copa de España Guadalajara tamén abrirá as súas portas á ilusión das categorías de base. O Futuro Laranxa estará representado sobre a pista polo equipo infantil burelista, que se medirá mañá, venres, en cuartos de final ao Catgas E. Santa Coloma (10.30 hora, pavillón San José).

A expedición de Mario Pillado e Christian Fustes desembarcará na cidade copeira esta tarde para animar o equipo sénior no Palacio Multiúsos de Guadalaxara fronte aos cataláns (19.00 horas, Teledeporte). Mañá, os pequenos deportistas converteranse nos protagonistas sobre o parqué co apoio dos de Daniel Ibañes dende a bancada.

VENRES 11 DE MARZO

Cuartos de Final Minicopa Infantil Trofeo Aliseda Inmobiliaria

10:30h: CATGAS ENERGÍA SANTA COLOMA – BURELA PESCADOS RUBÉN Pavillón San José (Cuesta del Matadero, 17)

ELPOZO MURCIA – ASPIL VIDAL RIBERA NAVARRA Pavillón David Santamaría (C/ Salvador Toquero Cortés, s/n)

12:30h: MOVISTAR INTER – PALMA FUTSAL Pavillón San José (Cuesta del Matadero, 17)

FC BARCELONA LASSA – MAGNA GURPEA Pavillón Santamaría (C/ Salvador Toquero Cortés, s/n)

SÁBADO 12 DE MARZO

Semifinales Minicopa Infantil Trofeo Aliseda Inmobiliaria

10:30h: Primeira Semifinal

12:30h: Segunda Semifinal

(Palacio Multiúsos / Avenida de El Vado, s/n)

DOMINGO 13 DE MARZO

Final Minicopa Infantil Trofeo Aliseda Inmobiliaria

12:00h: Final Minicopa Infantil

(Palacio Multiúsos / Avenida de El Vado, s/n)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.