21/12/2015

Contención de euforia para o comezo da segunda volta

Contención de euforia para o comezo da segunda volta

Logo de chegar ao ecuador co gran premio do billete para a Copa de España Guadalaxara 2016, o CD Burela FS Pescados Rubén despedirá o ano mañá, co comezo da segunda volta, na pista do Aspil Vidal Ribera Navarra (Ciudad de Tudela, 20.00 horas).



“Non é o momento máis axeitado, aínda estamos coa euforia da clasificación, pero temos que cambiar o chip e ser conscientes de que a liga non se acabou coa Copa” explicaba Daniel Ibañes, incidindo nas ganas e a ilusión de seguir crecendo. “É unha liga moi igualada e nós seguiremos pelexando por conseguir máis premios. Non era o obxectivo a principios de tempada pero temos que ser un pouco ambiciosos e seguir traballando por superarnos día a día” reflexionaba así o técnico sobre o camiño que lle queda por diante ao conxunto laranxa.



O Aspil espera os galegos na sexta praza, con 1 punto máis que o Pescados Rubén.”É un partido complicadísimo, ao que chegamos cansos, e co subidón da remontada en Antequera, que nos pode xogar en contra. Estes xogadores acaban de demostrar que hai que confiar neles ata o último segundo, así poderemos volver poñernos en situación para dalo todo” adiantaba Daniel.



A expedición mariñá poñerá rumbo a Tudela mañá ás 8.30 horas. Isi súmase para mañá á ausencia de Mata; o cordobés está pendente de diagnóstico definitivo por molestias no xemelgo da perna dereita. Tampouco estará Chano, que rematou o último adestramento cun nocello mancado. Entrarán Rubén Fernández, do Burela FS B, e o xuvenil Aarón. Nas filas locais, Manu García continúa recuperándose da súa lesión de nocello.



En Vista Alegre, o marcador quedou igualado, 2-2.



Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 9. Iago Rodríguez, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 19. Aarón, 20. Chino, 23. Antoñito, 29. Rubén, 30. Hélder



Convocatoria provisional Aspil Vidal Ribera Navarra: 15. Molina, 17. Zardoya, 2. David, 3. Hamza, 4. Roger, 6. Luisma, 7. Rubi, 8. Andresito, 9. Loito, 10. Joselito , 11. Javivi, 12. Pedro, 20. David Pazos

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.