23/04/2015

Peque cumprirá o seu quinto ano en Burela

Peque cumprirá o seu quinto ano en Burela

A máxima goleadora do CD Burela FS Pescados Rubén, Patricia González Mota, máis coñecida como Peque, cumprirá a súa quinta tempada en Burela. A ala-pivote madrileña formalizou o acordo de renovación esta tarde, xunto ao presidente do club, Manuel Blanco, e a directiva Alba Vila, que celebraron a continuidade da internacional con España como “garantía de solidez dun proxecto que conseguiu posicionarse entre os mellores de España con moito traballo e compromiso”.



“Todo foi moi doado. Eu quería quedarme e o club tamén apostaba por min, así que chegamos a un acordo axiña” explicaba Peque, puntualizando que “este ano, a diferenza doutros, si que escoitei outras ofertas, de equipos de España, pero a miña primeira opción sempre foi Burela”.



A laranxa tamén falou con ilusión da recta final de liga. “Fáltannos un par de pasiños para a clasificación matemática para a Copa. Levamos toda a tempada pelexando contra as ausencias, pero conseguirémolo e loitaremos pola Copa como último gran reto da tempada”.



 



Torneo Amigable de Moscova



A pichichi mariñá defenderá a España no IV Torneo Internacional Amigable ‘9 de maio’ de Moscova (3-10 de maio). “O ano pasado non puiden participar na cita por motivos académicos así que estou moi contenta de ter unha nova oportunidade de competir en Moscova. Iremos con ganas de sacar o mal sabor de boca do mundial” explicaba a internacional no día da súa renovación co Burela FS Pescados Rubén.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.