16/02/2015

Galicia Benxamín, subcampioa de España

Galicia Benxamín, subcampioa de España

A Selección Galega Benxamín, co vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Sala e do CD Burela FS Pescaos Rubén, José Luis Sáez, como xefe de expedición, proclamouse esta fin de semana subcampioa de España en Asturias. O combinado irmandiño, que gañou o billete para a final tras vencer a Andalucía (2-1), non puido impoñerse na cita definitiva (2-1) a Castela A Mancha, que chegou á pugna polo título tras un contundente 1-7 fronte a Cataluña.



Castela A Mancha: Diego, Marcos, Pepe, Andreu e Pica (tamén xogaron) Adri, Luis, Alex, Juanca, Carlos, Hugo e Juan.
Galicia: Nacho, Mella, Roson, Charli e Edu (tamén xogaron) Pujol, Brais, Antón, Alo, Barbo, Isma e Victor.
Goles: 1-0, minuto 14, Pica; 2-0, minuto 20, Pepe; 2-1, minuto 28, Mella.
Árbitros: Diego Gallo Suárez e Alfonso Velasco Martínez
Incidencias: Partido correspondente á final do Campionato de España Benxamín de Seleccións Territoriais disputado no Palacio de Deportes de Xixón ante numeroso público. Presidiron o partido Maximino Martínez, presidente da Federación Asturiana de Fútbol; Antonio Escribano, presidente do CNFS da RFEF; Gonzalo de Azkárate Gaztelu, presidente dos Campionatos de España do CNFS da RFEF; Armando García, presidente da Comisión de Fútbol Sala da RFFPA; Juan Abellán, presidente do Comité de Fútbol Sala da Federación de Fútbol de Castela A Mancha e José Luis Sáez, vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Sala.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.