22/01/2015

O Burela FS refórzase co ala iraní Jafari Behroz

O Burela FS refórzase co ala iraní Jafari Behroz

O Burela FS Pescados Rubén acaba de pechar o seu reforzo do mercado invernal coa chegada do internacional iraní Jafari Behroz, destacado como mellor xogador do Mundial Universitario disputado en Antequera en 2014. Na súa presentación oficial, nas instalacións de Pescados Rubén SL, a ala zurdo, procedente do Dabiri Tabriz, estivo arroupado polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e o fundador da empresa patrocinadora, Rubén Blanco. Co dorsal 9, Behroz xa poderá debutar esta fin de semana, ante Peñíscola Bodegas Dunviro (sábado 24, 16.15 horas).



Behroz (Ardebil, 1987) mostrouse moi contento coa súa estrea en España. “Esta é a miña primeira experiencia fóra do meu país. Veño con moitas ganas de aprender do fútbol sala español e no Burela FS. Na miña decisión final non influíu o tema económico senón o proxecto deportivo”, explicou o xogador laranxa, agradecendo ademais o gran recibimento dos seus novos compañeiros, cos que xa puido compartir algunha sesión de adestramento: “Foron todos moi amables; prometo adestrar duro, espero adaptarme ben á dinámica do equipo e traballarei para axudar o máximo posible”.
 
Desde a entidade burelista, Manuel Blanco, destacou a chegada de Behroz como “unha grande incorporación ofensiva, unha necesidade para ampliar e darlle frescura a un cadro que non puido dispoñer de todos os seus efectivos ata o momento”, desexándolle “unha rápida adaptación para contribuír ao crecemento do equipo na segunda volta”. “O Burela FS está configurado por un gran bloque que demostrou un enorme compromiso desde o principio de tempada; a súa capacidade de sobrepoñerse ante as adversidades das lesións e a súa dedicación proporcionáronnos a nosa primeira clasificación para a Copa de España” encomiou así o presidente laranxa o traballo do conxunto mariñán na primeira volta da competición.



 



Pescados Rubén SL



 



Con sede no concello lugués de Foz, a empresa familiar Pescados Rubén SL conta cunha experiencia de máis de tres décadas na comercialización nacional e internacional de produtos do mar e posúe un cadro de preto dun centenar de empregados.



 



Pescados Rubén SL é unha empresa líder no sector da pesca, cuxa actividade principal se centra na subministración a grandes áreas comerciais e os mercados centrais de peixe e marisco, en fresco, conxelado e ellaborated. Ademais é importador de produtos en todo o mundo.



 



Coñece máis sobre Pescados Rubén en www.pescadosruben.com

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.